En vez de facer os debuxos para o
sketchbook project, que é o que tiña que facer, estoume adicando a pintar caras de xente nas guias vellas de telefono que teño na casa (para qué conservo as guías vellas,? pois non o sei, para facer algún dia unha chorrada coma esta, ou como a de
dobrar follas ).
A idea é debuxar caras de persoas diferentes, porlle rostro (inventado) ós centos de nomes que hai na guía e facer unha especie de altered book coa guía de telefonos...A min vaime mais traballar nas cosas sen valor, baratas, papeis vellos, cartóns de camiño ó lixo...non sei...¿terei algún problema psicoloxico?...
O caso é que faltou tempo para que o Val se apuntara. ó das guías vellas... (sí, incríble, tiña mais de unha). El decidiú facer animais inventados por él (penso que esta condición a meteu como garantía, pensando que nadie lle poría reparos ao resultado, si os animais son inventados)
Empezou por este, que titulou "Animal anfibio (co seu fillo)". A obra rematada inclúe unha cruceciñas vermellas que son a comida dos bichos.
O caso é que hai uns dias, faleille de participar no
proxecto trócocho,
(información aquí), do que me falara
Amilamia neste mesmo blog pero non o vin moi entusiasmado...meteulle medo o de "expoñer" a obra... Sempre ten gañas de debuxar e pintar, pero cando sae de seu, non cando llo digo eu, como é normal.
Eu xa tiña esquecido o tema e non lle volvín comentar nada, pero agora púxose coa cousa esta da guía encantado. Está todo fachendoso co resultado do seu primeiro debuxo, así que se cadra, e si chegamos a tempo, aínda pode mandar algún debuxo, pero non o sei..non lle gusta traballar baixo presión...
Aquí estamos co tenderete montado na sala...Menos mal que é a mesa onde ceamos, e que o resto da familia nos forza a recoller cando apreta a fame...
O caso que estes dias estou debuxando moito, bocetos, ideas, cousas sen pensar, sin ton nin son, a ver que vai saindo...Cada cosa que fago non ten nada que ver coa outra...en fin: non teño un estilo propio, que se lle vai facer...Aí van algunos bocetos destes dias...