miércoles, 3 de noviembre de 2010

Made by Joel



Hai uns dias Maria recomendoume este blog, e estiven paseando polas súas páxinas... que maravilla!...O páxaro carpinteiro deixoume prendada! que sinxeleza, que poucos medios e que xoguete mais entretido:



Faltounos tempo para facer un páxaro para nos aquí na casa...Faise nun plis plas imprimindo a plantilla que tan amablemente facilita Joel  no seu blog...















Como sempre, xa andamos a darlle voltas o asunto... Nenos, que outra cousa podemos facer coa idea esta do páxaro carpinteiro? Temos que pensar algo que teña ese movemento que fai o páxaro... que podería ser? un carpinteiro cunha serra,  unha raparaiga tremando co frio? Pensade a ver...

-Eee, guaaau, mama, xa sei!! ...un señor cunha metralleta!..
Jasus que nenos...
 De momento contentamonos cunha nena frioleira...pero, nin comparación, o que mola é o woodpecker...



2 comentarios:

Maria dijo...

¡Ja, ja, ja...! (son carcajadas de alegría, como otras veces); los niños son la monda...

...y Gael, un bebé precioso, enhorabuena también a su hacendosa tía!

esther dijo...

si, Gael é precioso... obxectivamente falando, como di o seu pai...