Levaba xa tempo con ganas de facer este pompón de papel.
A idea orixinal é de Martha Stewart, que ven sendo como a Oprah Winfrey do craft. Merece a pena darse unha volta pola súa páxina web, porque é unha fonte inesgotable de ideas para facer na casa, cos nenos, por exemplo, e ten todo moi ordenadiño (por material, por época do ano...)
O caso é que nos puxemos a traballar e os resultados son espectaculares, para o doado que é de facer.
Nun plis plas tes bolas feitas para armar un exército de animadoras.
A primeira bola fixémola con papel de seda, pero as seguintes xa foron cos restos dun mantel de papel que tiñamos por casa, e tamén quedou moi ben.
Agora estou a pensar nas posibilidades de combinar capas de distinto color, ou probar con papeis máis ríxidos. A verdade é que se fan en menos dun minuto, e quedan moi ben colgadas en calquera parte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario