jueves, 2 de octubre de 2008

de ventás e tomates

Volven a ser recantos da casa da miña nai en Esmelle. Góstame miralos de vez en cando, cada cousa ten o seu aquel... O retrato da parede é da miña irmá. Fíxeno eu fai máis de 20 anos . A cortina da porta é unha toalla do axuar de voda da miña aboa, ahí están as iniciais do pai e da nai do meu pai ...A terceira ventá ten un estor calquera, comprado en calquera sitio, pero que ao poñerlle as borliñas semella ser especial...Na última están os tomates da horta do meu irmán a madurar ao sol...Penso que estes son os verdadeiros privilexios da vida... estar en paz cos teus e poder comer tomates da túa horta.

No hay comentarios: