lunes, 20 de abril de 2009

antes e despois

Xa empecei a traballar coas cousas que merquei en RETO. De momento, rematei a cadeira. Así era: E así quedou:
O tapizado dos brazos e respaldo fíxeno cuns retais de tela que comprara en ebay fai tempo. Eran uns restos dunha tela da empresa textil finlandesa Marimekko. O que comprara eran uns restiños de nada e non deu para tapizar o asento. A tela deste atopeina no mercadillo de Santiago e coido que combina ben coa outra. Góstame como quedou o conxunto, mesmo parece que o de non chegar a tela foi feito querendo... A silla costara 5 €, e as telas que usei non chegaran a outro tanto, así que penso que por menos de 10 € non se pode pedir máis...
Ademais foi bastante doado, (agás dun dos repousabrazos que non fun quén de sacalo do seu sitio, e tiven que liarme a golpes co martelo). O asunto remateino hoxe. Pero a maior parte do traballo fíxena o sábado mentres os rapaces ían dar un paseo antes de comer. Ai veñen de volta:

No hay comentarios: