sábado, 15 de febrero de 2014

laranxas




Agora que sei que as ciclogénesis explosivas son as galernas de toda a vida, síntome mellor. Levo un mes cruzando a praza do obradoiro para ir traballar como si fora ao timón, pilotando un navío... Ao rematar a costa do Cristo entras no efecto tornado, e xa te sae a conta pechar o paraugas, porque mollada vas acabar igual, pero polo menos non saes voando.

Con este tempo terrible, góstame especialmente estar na casa e mirar desde a ventá como caen chuzos de punta e a xente corre pola rúa pelexando cos paraugas mentres eu estou quentiña na casa. Ademais, cando sae unha raiola parece que todo mellora. A ver si remata este tempo gris e escuro, onde o mais cálido e luminoso que podes sentir e a luz que se pousa nas laranxas...

Miro as laranxas e síntome mellor, pero logo miro as árbores que se ven desde a miñá ventana e volvo sentirme mal, porque se cadra, en pouco tempo, esas árbores xa non van estar ahí, e sinto una especie de opresión no peito, e dame por pensar, si saise un pouco o sol, estou segura de que nada de todo isto parecería tan terrible...

No hay comentarios: