jueves, 14 de enero de 2010

Seica en Suecia chámase Knut

Hoxe estivemos a desfacer a árbore de Nadal... A verdade é que despois dunha noite de treboada e ventos racheados, veu un día de sol que parecía primavera... A árbore xa estaba dando o cante alí chantada na galería cos seus adornos pendurados...
Así que fora o Nadal e agora, a outra cousa ... Os nenos xa preguntaron cando tocaba troula outra vez. Sen contar o San Valentín, que entre nos ten moito predicamento, non por namorados, senón por ter o 50% dos homes da familia con ese nome, (o outro 50% chámase Pucho), as próximas vacacións son as de carnaval... Os reis magos, moi precavidos, trouxeron este ano un disfrace de pirata (en realidade foron sete, tamén houbo para os curmáns) , co que o tema quedou resolto... O disfrace veu nunha bolsiña, que serve tamén de bandeira pirata, e contén unha badana, un garfo, un parche, un trabuco , un bolso de coiro con moedas (de chocolate) e un loro de trapo cun gancho para levar no hombro...ah, e unha camiseta de raias... Atopar sete camisetas de raias brancas e vermellas en sete tallas diferentes foi, en realidade, a parte mais dificil...

No hay comentarios: