Antes:
viernes, 22 de enero de 2010
O reto dos sábados, 1 (despois)
Ben, aquí está o reto do pasado sábado 16:
Estante: No carto dos nenos, pintado de verde e cheo xa de chilindradas:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiG1FSgvGaUAH3nqVefjReSQptJ7waDqF922TWyVs9VpIeuVjECcr3pqQpqwjYPLtCs8jSV8SwcLkmnDQTt8xba-k9GPRVHjD4tYoJQ418jFLPWjcxgC3atc3ETP8DVF-rYq_kAqFD8b9M/s320/DSC03502.JPG)
Giratutto nº 1: Debaixo do estante vermello, para poder xiralo a gusto do usuario. Este estante, por certo, tamén veu, no seu día, de RETO. Está tumbado para poder gardar os libros mais grandes e as caixas dos xogos de mesa.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjHhbWoVb4GFgNHKPNADIA2rB4WgowZYafQDHu4dJAXzaELLvbjXjGQsV6bCqBhjdfSwi32B7V9CU_Dy1Sor2OugNeNU2Mc4O4ylpich4I8PROh1ywv0V0CyDg42BBVWmCU8liv1y1VDdA/s320/DSC03497.JPG)
Cabaliño de pau: Pois por aí anda, cada día nun sitio. Na foto anterior podese ver alí arrumbado nunha esquina.... A fin de contas, é para andar ó trote con él no?
Giratutto nº 2: A procura da súa ubicación definitiva, hoxe debaixo dunha bandexa na cociña:
Lámpada: Pois non sei, votei a lavar a tela branca que tiña posta o mesmo sábado, e a día de hoxe, aínda non a atopei: ou está no burato negro dos calcetíns desparellos, ou dobrada na armario da roupa da casa, na pila dos panos...
Estou moi contenta co traballo, mesmo fun quen de colgar o estante na parede sen andar pedindo axuda co taladro...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario