domingo, 29 de junio de 2014

Como votar en spoonflower

O meu amigo Salva díxome o outro dia que quixo votar o meu deseño para o concurso de Spoonflower e non foi quen, que por mais que buscou non atopou o meu deseño. Outro tanto dixerame unha tia miña hai tempo: que fora incapaz de atopar a miña tea para votala.

Así que vou facer un mini tutorial con capturas de pantalla, para que o que quera votar vote, que non se diga que non poño interese! Aí vai: 

Hai que entrar en Spoonflower e pinchar no cadrado que pon  vote design of the week. Isto é o facil e chega todo o mundo. Os problemas veñen despois.:
Unha vez que se pincha nese recadro,  aparece esta pantalla:


A confusión ven porque o que aparece mais grande son os gañadores da semana anterior, que despistan moito ao que quere votar no concurso que esta aberto. Para votar no concurso en marcha, hai que ir a esquina superior dereita da páxina,  onde pon VOTE FOR YOUR FAVORITES. Clicando ahí sae outra páxina con todos os deseños presentados no concurso que se poden votar. Hai que ir baixando para poder ir vendo todos e escoller os que queres. Para votar hai que pinchar na marquiña posta na esquina superior esquerda do deseño, que automaticamente ponse en verde e o deseño queda remarcado. Podes votar cantos deseños queras, e unha vez vistos todos, correxir ou desmarcar os que no te convenzan ao final. Unha vez cos deseños seleccionados para a votación definitiva, hai que clickar onde pon SUBMIT, e xa está!


No hay comentarios: