Estas estounas xuntando para facer unha cousa coma a que sae na foto de abaixo, que saquei dunha enciclopedia desas por fascículos da miña nai que se chama Idea-Hogar
O ano pasado xa empezara con este e foi ben...Este ano houbo de todo, algúns ben, outros apodreceron e algúns non chegaron saír...Ademais non fun quen de ter todos floridos á vez para facer o efecto...cando uns ían saíndo os outros xa esmorecían...Sei que eu non teño man coas plantas, isto, a miña nai, o fai sen mirar coa punta dun pé...
Por certo, o concerto de Remolcamadriña foi un éxito,e eu ao final, puiden ler o meu anaco sen problema, non tusi nin me trabuquei...Eso sí unha vez lido, puxenme totalmente afonica...e o domingo paseino muda...Non me ven mal tampouco...
1 comentario:
Hombre, muda, muda ....
Falache baixinho, mas falache
Publicar un comentario