viernes, 6 de mayo de 2011

Reusar

Xa para rematar esta semana tan costureira, deixo o tutorial en imaxes para facer unha bolsa de tea  a  partir  dunha  funda de almofada (de 90 cm ). Eu, non sei por qué,  teño duas fundas desparelladas na casa, onde están as sábanas que correspondían a estas fundas é un misterio..Son da miña época de estudiante...quedarían trasegadas nalgunha das multiples mudanzas.

Esta é unha variante un pouco chapuceira que me inventei eu a partir da reversible que fixen para Cris pero moito mais facil . Non é autenticamente  reversible pero o parece.

Aquí está a antedita funda da almofada:
Dámoslle a volta e cortamos para facer a forma das asas. Eu usei de patrón a típica bolsa de plástico do super, que cortei para ver como era. Ven sendo a forma dunha camiseta de asas,  que  é como chaman en Vigo, con gran lóxica, a este tipo de camisetas.
Ese recortiño vai ser o peto, ¡mais aproveitamento non se pode pedir!
Agora temos que coser o que vimos de recortar, todo polo borde.Parece que facemos un saco completamente pechado, pero non, queda o buratiño das asas, que vainos servir para darlle a volta a tea, e deixala xa do dereito.

Agora que a temos do dereito, temos que coser os extremos das asas e os laterais, para facer xa a forma da bolsa definitiva.

Unha vez feito esto, damoslle volta a bolsa e xa está rematado o choio!
Esquecín falar do peto, pero hai que poñelo, dentro ou fora, ou nos dous sitios. Eu fago o borde coa prancha e o coso sen mais.
Tamén hai que dobrar a asa cara dentro para facer a forma de fol que teñen as bolsas de plástico, (mirando unha de plástico vese ben como hai que dobrar), mais ou menos así:
Pois eso, rematada.
Realmente sinxelo, se non escachas a agulla da máquina, e tes que porte a buscar o reposto,  faise en menos  dunha hora, incluindo fotos.

No hay comentarios: