Entroume unha especie de febre polos adornos do nadal que non dou feito. Pero es que son moi agradecidos. Con nada podes facer cousas que quedan bastante xeitosas, e nestes tempos de crise, ese "con nada" adquire un valor especial. Este que está aí abaixo esta feito cunha percha de arame desas cubertas con plástico, velaí:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhGNIdmy0QhD_skuLgcGwb5uZ76SzjN_oRROgScWs3ZHnF4l2bzqlQivi3pkOxvAPCZKmsLw6x8w1alPVy-ZatXv-B3gBQFG_5RGqhao11ls8cxLwrZPDXbs19LShPoEAJQObTrnVvP8ng/s320/DSC01432.JPG)
e cos retallos de feltro que me foron sobrando doutro "proxecto" no que ando agora, para dar saída as cantidades inxentes de feltro que me regalara a miña irmá o ano pasado. Quen me ía dicir a mín que tería
proxectos coma estes...
Dobrando a percha para darlle forma e atándolle os retallos, sen máis, queda unha cousa así:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgYjx6lgUr3j865brWBtYvRuy5V_f33266iku1n03-bd2lzCb_KW51pqosLFnNWAq28LRcI2IjtBnhrKu7HH4dltLI1nq2XI6IX15hYPBVqTnYJbEQaz6oViewKVcm3WTFqq4NQvi_A2Dk/s320/DSC01437.JPG)
En realidade inspireime nesta
coroa, que vin nunha tenda de internet para mín nova que se chama
folsky. Penso que a tenda é parecida a
etsy, (unha tenda donde comprar e vender cousas feitas a man) pero máis centrada no Reino unido.
Eso foi onte, antonte, tocou darlle ao pan... esta vez boliños preñados. ¿Que se lles podería botar ademáis de chourizo?
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjLkyo8SHp9uclgwu0qraHzCnodKnglcF37VJ-QYhEiLpPFB9t31gEAhyIUnJKPC2rc5E37H-DPjRaGhO_8NLh3ZxwtKh71HY43BfvNJs5ir-gR888BopiH7pGc-EU71qKXgVLGLlygScs/s320/DSC01425.JPG)
Na foto non están favorecidos... pero saben ben, de verdade. Ao pan integral sen sal é ao que non acabo de collerlle o punto...
![](http://localhost:1177/4330df12663038d25f9fd0cb85e007cd/image4136.jpg?size=320)
2 comentarios:
xamón, queixo e espárragos verdes
Os esparragos sen facer, en crú?
Publicar un comentario