viernes, 12 de diciembre de 2008

adornos de nadal (2)

Entroume unha especie de febre polos adornos do nadal que non dou feito. Pero es que son moi agradecidos. Con nada podes facer cousas que quedan bastante xeitosas, e nestes tempos de crise, ese "con nada" adquire un valor especial. Este que está aí abaixo esta feito cunha percha de arame desas cubertas con plástico, velaí:
e cos retallos de feltro que me foron sobrando doutro "proxecto" no que ando agora, para dar saída as cantidades inxentes de feltro que me regalara a miña irmá o ano pasado. Quen me ía dicir a mín que tería proxectos coma estes... Dobrando a percha para darlle forma e atándolle os retallos, sen máis, queda unha cousa así: En realidade inspireime nesta coroa, que vin nunha tenda de internet para mín nova que se chama folsky. Penso que a tenda é parecida a etsy, (unha tenda donde comprar e vender cousas feitas a man) pero máis centrada no Reino unido. Eso foi onte, antonte, tocou darlle ao pan... esta vez boliños preñados. ¿Que se lles podería botar ademáis de chourizo? Na foto non están favorecidos... pero saben ben, de verdade. Ao pan integral sen sal é ao que non acabo de collerlle o punto...

2 comentarios:

Lucía dijo...

xamón, queixo e espárragos verdes

esther dijo...

Os esparragos sen facer, en crú?