viernes, 5 de febrero de 2010

RETO 3

O Reto que tiña esta semana era o dos marcos... Eran moitos, pero a verdade, so precisaban unha boa limpeza, así que non foi tanto o choio como parece...Desmonteinos, limpei,  si tiñan lámina vella, tireina e puxen unha mía e volvinnos montar. Aproveitei e metín tamén no lote un marco que fixen coa tapa dunha caixa de vino e algún dos paus da praia dos que xa teño falado...Así quedou o conxunto

 

 

 
Este é o marco que ven da caixa de vino. Eu as caixas de viño téñolles moita querencia, xa falei delas, Esta estaba na casa pero non me acababa de gustar,  tiña unhas ferraxes moi cantosas e rebuscada,s así que tireinas e deixei a caixa por un lado e a tapa por outro...

 
Esta era a tapa que dicia

Nese grupo non están todos os marcos que trouxen, falta algún, que vou poñer noutros sitios, e que hoxe non tiven tempo a fotografar con boa luz.

***

Ven de saír o tema do grupo Illustration friday : Muddy. Mira ti.
Pregúntolle ao P. que está aquí ó lado,  que significa, e dime "lamento".
Eu xa estou a pensar en xente chorando, e  el, que me coñece ben, enseguida engade,  "cheo de lama"... e logo... claro!... Muddy Waters!

Aproveitando o momento trilingual, vólveme dicir que teño o blogue  cheíño de faltas de ortografía...e ten razón, en fin...Teño moito que mellorar, pero vou seguir...

3 comentarios:

♥ meninheira dijo...

Os paus quedan preciosos aí! e a nena máis grande é alucinante!!

Polas faltas non te preocupes que eu teño lido cada cousa en castelán... ;)

bicosssssss

esther dijo...

A nena a que te refires son eu con 16 anos... xa choveu...

♥ meninheira dijo...

Pois estache ben feitiña Esther!!

Por certo, véñoche de adicar un post: http://dalleuncolinho.blogspot.com/2010/02/estrenando-la-maquina-de-coser.html hahaha unidas na técnica da trapallada XD

biquiñosssssssss