lunes, 15 de febrero de 2010

A colección do luns

Libros antigos de manualidades...comprados en tendas de vello e en ebay...Aí vai unha pequena mostra dalgúns deles... 
 
Os meus favoritos:


Neste capitulo, por exemplo mostran como  estampar tecidos, obtendo desenos complexos a partir dun debuxo matriz que se vai combinando...

 

Outro libro dos meus preferidos, penso que xa falei del algunha vez, e este sobre traballos con papel:

Mostra distintos modos de traballar o papel, conseguindo cos mínimos medios as composicións mais elaboradas. Combinase técnica e  imaxinación, e desenvolvese coma un xogo... En cada capitulo dánse unhas regras (por exemplo: deben facerse figuras simplemente recortando e dobrando o papel, por negativos e positivos, non se pode quitar nada, nin engadir nada; ou outro: debe converterse unha superficie plana en un releve, por incisións no papel as que se lles da un certo ángulo...e moitisimos xogos mais...) É sorprendente a cantidade de solucións distintas que saen a partir dunha regras comúns bastante estritas...

 


A maioría destes libros poden adquirirse en internet practicamente polos gastos de envío, por moitos deles non paguei mais dun euro...e son, para min, excepcionais...

As veces os rapaces traen da escola traballos feitos en clase de plástica ou algunha manualidade feita por mor de algunha data especial... dia da nai ou cousas así... e, a maioría das veces , parécenme cousas banais e mesmo de mal gusto... carentes do mínimo sentido artístico. 

Paréceme que se desaproveita unha boa ocasión de inculcar nos rapaces  o aprecio polo arte, a artesanía e mesmo a historia...Sorpréndome moitas veces cando vexo as cousas que fan os cativos na casa  cando van ó seu ar, cousas cheas de espirito, por dicilo dalgún xeito,  e as comparo co que traen da escola... nada que ver... 

Penso que o tipo de xogos e traballos manuais que traen estes libros serían  adecuados para facer na escola en vez deses outros que soen traer..e serían traballos fermosos...A maioría poden facerse cos materiais mais sinxelos e baratos ... cartón, papel, un cordel, e os nenos acostumaríanse a  facer e ver obras cun certo sentido da proporción, a combinar as cores, as texturas,  a entende-la simetría o ritmo o oco, e dicir as manexar as  palabras coas que se constrúe a linguaxe do arte, da cultura visual... Algo de moito mais valor   que esas cousas que fan as veces, carentes de sentido estético, que nada lles aprenden os rapaces, onde o neno non pon nada de seu agás o estrito e literal traballo manual,  e que, logo de pasar un dia ( ou menos) exhibidos na neveira, acaban no lixo.

Polo menos iso é o que penso eu...


3 comentarios:

Jeferson Cardoso dijo...

Oi. Não vou enrolar com conversa mole. Estou divulgando o meu blog. Se você for lá eu ficarei grato pela atenção.
Estou apresentando O Jardim da Morte. Se estes temas não lhe causam mal estar, dê uma passada por lá e deixo o seu comentário.

Abraço: Jefhcardoso do http://jefhcardoso.blogspot.com de blog em blog>>

Legal o livro, parece ser bem útil!

caplas dijo...

Ola Esther quero mandarte un correo de traballos de papel que fixera cos alumnos e non sei como. Nin siquera son capaz de linquear o meu blog deles. cr2p.blogspot.com. Téñoo moi esquecido e non colgo nada pois despois de todo os rapaces non entran, ademaís agora xa nin dou plástica... Téñeme condenado ao debuxo técnico de Bacharelato e non toco o recorta pega e colorea . É o que hai...
Busca alí, a etiqueta de "planos seriados".
Neste momento xa lle pedín o teu correo a Edu para te mandar os traballos (son moi cutres pero Mondaríz era o que tiña...Eu mirara este tipo de traballos nalgúns libros do Bup e outras reliquiias que tamén teño polas estanterías ou a saber. Realmente hai cousas fantáticas.
Ah!; son Carlos (Movilla)
Un saúdo

esther dijo...

Ola, amigo!... que alegría verte por aquí...vou correndo velo blog...Onte mesmo atopei en internet dous libros mais da colección esa de xogar creando un vai de madeira e o outro de ceramica...estou desexando velos