miércoles, 27 de julio de 2011

Uff

O luns foi moi festivo e pasouseme, o martes andiven moi ocupada e non fun quen, e o mercores xa queda moi lonxe do luns...así que O apunte do natural do luns 25 de xullo, vouno dar por perdido...

Estes dias de vacacións aproveitei para facer probas cos meus deseños...que se fago camisetas que se fago carteis...Sei que algún dos deseños que teño non van ben para serigrafiar, outros si...en fin 

¿A quén van dirixidas as miñas camisetas? preguntoume o da tenda de camisetas cando veu a miña cara dubidosa sobre que tallas pedir...Que sei eu...¿Pero son para home o para muller? Eu que sei...aínda non vendín ningunha....Veume tan perdida que me recomendou pedir mais ben  na talla L, que sei que vai tanto para un home delgadiño como para unha muller ben feita...en fin...mañana danme unha primeira rolada de proba, a ver que tal van...

O deseno desta primeira camiseta ven sendo este que mostro. A primeira imaxe iría diante, en pequeniño e esta que xa mostrara algunha vez iría  nas costas:

A ver como quedan...

No hay comentarios: