viernes, 22 de junio de 2012

Cartel

Cartel presentado ao  concurso "San Silvestre Salmantina". O gañador e os finalistas podense ver  aquí

Este cartel ten a súa anecdota. Cando xa o tiña impreso en papel e pegado ao cartón pluma para mandar ao concurso, a unha hora do peche de correos, o último dia de prazo ( eu sempre  fago así, se non parece que non presta)... ¡decateime que olvidara unha das frases que tiña que poñer no cartel!
Durante un instante de pánico, dubidei, se pasar de todo e mandalo igual ou  dalo por perdido...

Pensei que mandalo sen cumprir as bases era de tontos pero non mandalo logo de feito tamén, así que collín un rotulador e puxen a frase a man a toda presa (como ben se pode apreciar)...e mandeino así.

Eu xa me olvidara do choio, cando chamaron da organización decindo que faltaba o soporte dixital que o mandara canto antes...Mimá! Menos mal que lle sacara unha foto antes de empaquetalo

En fin, unha vai aprendendo. Regla número un: Repasar as bases antes de imprimir

Por certo aquí probei con unha das texturas que fixera aquel dia.



No hay comentarios: