jueves, 24 de enero de 2013


Eu gosto moito das tendas de segunda man e de compravenda, pero recelo un pouco das tendas que están en liquidación, sobre todo agora, nestes tempos dificiles... sinto como si me estivera a aproveitar da desgracia allea. Suponse que si algo está en venda é que o queren vender, pero, en fin, non entro coa ledicia que entro nun chambo, vaia. 

Onte vin, ao pasar, unha tenda de decoración en liquidación, e pareceume ver no escaparate algún retal de tea de tapicería así que  e entrei a votar unha ollada, non puiden resistir.

Nunca tal fixera! Tiñan varias paredes cheíñas de  mostrarios de teas  para escoller! Casi toleo...Non quero acumular mais cousas, senon desfacerme delas, e ultimamente ando moi mirada cos gastos,  pero tiven que picar algo! Tiñan tanta variedade que eu ía dun mostrarío ao outro sen saber cal escoller, collía un o deixaba...A señora veuse obrigada a calmarme un pouco...Tranquila muller que aínda vamos estar por aquí un tempo...Pensa un pouco para que queres as teas e despois volves, que de aquí non van marchar...
Como si fora tan facil...











Estos da foto son a proba da miña contención, e estou moi orgullosa...Mais de cen mostrarios ben cumpridos de teas preciosas e so collín dous ben pequerrechos por un importe total de 6 €! 

Estou pensando que eses 6 € non contan como gasto, senon como inversión, porque hei facer algo con eles...algún día. Ademais, son faciles de gardar nun armario, e non ocupan espazo, non é como o  piano electrico que acaba de chegar a casa, xentileza dun bo amigo... Se cadra volvo a por mais antes do que pensaba.


1 comentario:

pamnogueira dijo...

non se vale facer "enxeñaria financeira" un gasto é un gasto :-D