Este ano non puiden coincidir co meu irman Luis en Nadal, e os regaliños que deixou Papa Noel para Tere e para él e tamén para Gael aínda non os poideron recoller.... Ocorreuseme que podía mostralos aqui...e facer unha especie de entrega virtual...
Este é un moniño para Gael, feito cun par de calcetíns (creo que xa falara neste blog dos sock monkeys, xa hai tempo que non facía un)
Tampouco puden coincidir coa miña prima Lucía no xantar que facemos cos meus tios e primos o dia de Reis, porque marchou moi cedo (xa te vale) así que poño aquí o mesmo detalle que lle din os outros...Hai que imaxinalo metido neste chisme para facerse unha idea do asunto. Lucia se me mandas a túa nova dirección por e-mail, mandocho por correo...
En fin, agora teño que ir chamar os afectados ou mandarlles un e-mail para que pasen por aquí, porque por este blog os de miña familia non soi moi dados a pasar....ninguén é profeta na súa terra!
2 comentarios:
que ideia bonita, a da lâmpada com o poema !
começaste o ano em plena criatividade pelo que vejo !
bom ano !
Si, eso parece...
Vexo que volves abrir o teu blogue! Estupendo!
Publicar un comentario