Na revista Real Simple, que adoitaba leer, teñen unha sección coa que disfrutaba moito... Chamabase, na versión en papel, Aha! use e ía de formas diferentes de usar as cousas de sempre...
Aquí mostro o novo uso que propoño para as típicas carpetas dos proxectos. No meu traballo temos moitisimas, e dame mágoa ver como moitas delas, en perfecto estado, van diretas ao lixo, pola falta de espacio para almacenar mais do imprescindible de cada proxecto (recolleas unha empresa de reciclaxe, eso sí).
Así que pareceume boa idea usar as carpetas para ter ordenadas, sin ter moi lonxe da miña vista, esas láminas das que falaba. Como as carpetas son tamaño A3 sirven para gardar papeis ata o tamaño A2.
Eu claveinas diretamente na parede cos típicos clava-facil para colgar cadros, pero poderíanse pensar métodoas mais sofisticados. A idea pode desenvolverse mais e usar carpetas de distintos tamaños e grosores para moitos usos, desde tablón de anuncios, ata mesilla de noite.., pode embelecerse un pouco. engadindo un forro de tela axeitado ou pegandolle un corcho para clavar notas ... en fin... mil posibilidades!
4 comentarios:
Ah Esther, está xenial! danme ganas de ir á procura desas carpetiñas :)
Importaríache se o reseño eiquí: http://homeschoolingspain.blogspot.com/search/label/Decoraci%C3%B3n
biquiñossssssss
Claro que non me importaría, meninheira,sería unha honra para mín,
Anda! non me sexas esaxerada!! :)
Cando saias avísoche si? agora teño que pensar como lle chamo a este invento teu, algunha suxerencia? :D
biquiños :*
Pois non sei... cartafol de parede?
Publicar un comentario