Nestas andaba cando atopei que sería útil facer unhas caixiñas de tea para gardar mais axeitadamente as cousas dentro dos caixóns, así que, a modo de descanso entre tanta arranxo, din en maquinar como facer para que as caixas tiveran a medida que eu quería, según os ocos que tiña e as medidas das cousas que tiña que gardar.
A primeira, de medidas 21x13x9, xa está feita, e posta no seu caixón correspondente.
Aquí están as instruccións.
Espero que se entenda mellor que cando expliquei o da caixa de xoguetes de Uli, que sempre penso en facer uns debuxiños e logo dame preguiza...En fin, non sei si se entenderá ben...creo que falta algún paso...teño que aprender a facer videos...
Carai, xa é domingo?
1 comentario:
linda !
Publicar un comentario