O moble de caixóns que teño debaixo da mesa do estudio tende estar sempre así
Por mais que ordee cada certo tempo, volve a embarrullarse unha e outra vez.
Casí a modo de terapia, decidín valeirar todos os caixóns e colocar o seu contido, todo ordeadiño, para velo dunha sola vez e ser consciente do que tiña e si atopaba un patrón de orden...
Aquí esta o contido dos catro caixóns, mais ou menos...
Caixón nº 1
Caixón nº 2
Caixón nº 3
Caixón nº 4
Si xa sei, unha locura...hai de todo..O sistema mais sinxelo para ordear tal maremagnum, ben cho sei, sería botar todo ó lixo, como xa me recomendara moi amablemente o Sr. Camilo, de mudanzas Camilo, co que fixen xa varias mudanzas...Señooora... ten demasiadas cousas...
Pero este sistema non vai comigo: ainda que botara ó lixo todo hoxe a semana seguinte tería todo outra vez cheo...Así que teño que pensar un sistema de orden que vaia co meu propio xeito...
O primeiro problema que creo que teño e que non fago distingos ou categorías entre os obxectos... todo son materiais para facer cousas con eles, e dame igual un molde de madalena que unha goma de borrar que un papel de periodico que un gancho...O segundo problema é que gardo as cousas en varios sitios distintos.. Aí falla o postulado básico do orden: Un sitio para cada cousa e unha cousa para cada sitio. Eu teño varios sitios para cada cousa...e mesmo varias cousas para cada sitio.
O primeiro polo tanto, é categorizar, establecer unha estrutura, ver que tipo de cousas gardo en cada sitio (esto é mais dificil do que parece...) e o segundo, (que cae como unha pera madura cando tes dominado o anterior), non ter mais que un sitio para cada tipo de cousa...
A miña estrutura, imperfecta, xa o sei, pero a fin de contas a miña propia estrutura, resultou ser a seguinte:
No moble de caixóns do estudio: O material propio de oficina, e o que necesito para a xestión do dia a dia na casa.
Na cómoda branca da galeria: Ferramentas de todo tipo e materiais para reciclar e facer cousas, o que non colla, xa non entra na casa ata que faga sitio.
No moble alto de caixonciños pequenos: Recortes, folletos, material para collages, postais, fotos... e as cousas para facer selos de goma: tintas tampóns gravadores...
Na caixa costureiro: Material artístico pequeno: lapices rotuladores ...
Nas caixas de plástico que quedaron libres do aseo pequeno: Material artistico mais grande: acrilicos pinturas, pinceis botes... Onde vou poñer estas caixas? Uff.. xa veremos hai que ir a modiño...
De momento o moble de caixóns quedou así:
Non, non repito papel no caixón 1 e 2, un é papel usado para recicler e o outro e limpo. Estou a facer caixiñas de tea a medida ( xa falei delas no post anterior) para gardar as cousas...
2 comentarios:
hola! acabo de descubrir tu blog, y me he sentido muy identificada con este mundo de cajones llenitos de cosas... viendo las fotos que has tomado se me ha ocurrido algo: si haces fotos a todo lo que tienen los cajones extendido en el suelo/mesa (como habías hecho al principio) después puedes imprimir esa foto y colgarla a modo de etiqueta/tarjeta para saber que tienes en cada uno (más o menos)...
A mi me pasa eso, me cuesta meter en categorías los objetos que uso para muy diferentes cosas...
saludo monstruoso!
Boa idea!
O que pasa é que son obxectos volantes...un dia están nun caixón e outro en outro...Estro de ordear está costandome moito!
Publicar un comentario