lunes, 19 de mayo de 2014

libreta para acuarela

Teño que mostrar aquí este fermoso caderno, outro dos regalos que tiven polo meu aniversario. Esta feito a man, pola miña cuñada Andrea. Está forrada de tea (dunha tea que chegou do lonxano oriente xusto para mín) e ten cosido o papel á xaponesa creo que me dixo, pero non estou moi segura.
Con este tipo de encadernación a libreta abre completa é así e mais facil debuxar nela.

Como me pasa con todas as cousas novas e bonitas levo uns dias mirando para ela, sen atreverme a facer unha liña..non vaia estropela.





Se alguén quere ter un caderno tan bonito  como o meu, feito totalmente de xeito totalmente artesanal, pode encargarlle un,  fainos preciosos e de moitos tipos! 

Postpost

Engado o enlace, que non o sabía:  cuadernos guiomar

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Yes! :-D
encargos aquí:
http://cuadernosguiomar.wordpress.com/

bicos
P.

cuadernosguiomar dijo...

Gracias Esther. Da gusto regalarle a alguien que lo valora. Ahora sólo te queda darle vida al cuaderno con esa serie de pájaros tan bonita...Disfrútalo.