Hoxe tocou darlle ó tapizado... desde que merquei a grampadora de tapiceiro, tapizo cadeiras e tallos sen pensar, sempre teño por casa algunha tela que poda valer... Esta banqueta era dun piano que había na casa cando era nena, e leva comigo toda a vida, desde que fun estudar fora da casa ata hoxe, mudanza tras outra...
A última tela que tiña xa a puxera eu, ... que pouco profesional! vaia chapuza , con chinchetas de cores...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh0yua1Bku9xkDqSpmqRH90pWu5CJAnmTuBbqRnx6dTC4dhI7L4vXsUYDdBtzj-Vg0w5OzVnT98IeT8MAzZqctVsA5D2o-Y1iArI6_886q5WfFHKZW6eNZtAt2wypHSSJVOqv5QOkIrmFc/s320/DSC02381.JPG)
Así quedou o choio agora, moito mais profesional, se ve que ós vinte tantos anos andaba a outras cousas... e mercar unha grampadora de tapiceiro non era unha das das miñas prioridades
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhO6hUxYGELQwYF307u5wwXa3QqlKztzHru1_C9or5eqfyRl1NXVuubECOOYILhiKrqTemwyHVUZ_-OqVTQHJBucipyxqaTcSFj1cLGmAoxx234uydz5x4cykoE-gZpq-_LPqy6IFvrovk/s320/DSC02391.JPG)
No hay comentarios:
Publicar un comentario