Teño, porque os pedín, non porque as beberamos, mais dun milleiro de tapóns de botellas de viño... Onte decidín matar dous paxaros dun tiro, desfacerme dos tapóns e resolver o problema que temos coa nosa casa-invernadoiro: se baixas as persianas para protexerte do sol non podes abrir a ventan, si abres a ventan para que corra o aire, tes que ter a persiana levantada e torrarte...
Cos tapóns de corcho sinto algo parecido o dos cartóns de ovos... gústanme, sempre ando a argallar que facer con eles porque me parecen fermosos, con unha certa cualidade estética no deseno e no material, e que, sen embargo, tratamos como lixo...
Seguramente quede un pouco trapalleiro, pero non aturo mais andar apañando os corchos...cada certo tempo chega unha nova remesa do Racó, e xa toca facer algo con eles...
De momento teño enfiaos uns trinta ... vai ser longo o choio...
No hay comentarios:
Publicar un comentario