sábado, 27 de junio de 2009
aguacate e novos proxectos
O aguacate vai para diante como as fabas máxicas do neno do conto. Fíxose de rogar, pero cando colleu pulo, xa non parou, vai a 10 cm / dia.
Aquí abaixo está o corte antes de coser do meu loro... Xa fixen tres, un prototipo, un de proba e outro fetén...tivo moito éxito entre os rapaces...e eu tamén gusto del...aproveitei un mostrario de telas que tiña comprado fai tempo en ebay...Non hai cousa que me relaxe mais que facer monecos de trapo, agás facer pan, claro... O caso é que o pan o comemos, pero os monecos de trapo... vou ter que abrir unha tenda...
Mañá porei a foto dos tres loros, hoxe xa non podo mais...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario