Ola: Chámome Esther e son teaólica.
Os mércores teño un dia mooooi malo. Dispoño de 50 minutos enteiriños na rúa, mentres espero polo neno, e como non da moito tempo a nada, aproveito e vou remexer un pouco nas tendas dos meus "provedores" habituais. Onte fun á miña tenda de teas preferida, na que apenas estamos dúas ou tres persoas un día normal, e estaba chea de mozos e mozas mercando apaños para os seus disfraces de carnaval. Había tal burumbio que non me prestou moito a visita, así que fun a tenda de decoración que está ao lado, e ten os mostrarios de tapicerías en liquidación. Xa falara dela aquí mesmo.
E sí, piquei de novo. Nas dúas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario