martes, 13 de marzo de 2012

Paseos pola cidade




Aproveitei o paseo para facer algunha foto. Estas son para o grupo LVM de flickr no que participo, que este mes ten como tema a cor amarela.

Que tal quedarían estas cores para decorar  unha habitación da casa? Non me podo resistir a usar a aplicación Chip it ! outra vez


lunes, 12 de marzo de 2012

Os rabiscos do luns

Uns debuxos con boli e tipex que fixera hai tempo...Rabiscos o que se di rabiscos non son...pero a quén lle importa?







domingo, 11 de marzo de 2012

Mira que monadas


Esta semana, nos ratos libres (entre outras cousas)  fixen o mono...Tres novos pares de monecos feitos con calcetíns para a tenda... 






lunes, 5 de marzo de 2012

Os rabiscos do luns

Coido que saltei algún luns, pero eu fago como si tal e sigo para diante. Aquí unha curuxa feita con rotus e tipex




sábado, 3 de marzo de 2012

cousas a medio facer

Estes dias estou retomendo proxectos que tiña en mente e deixara esquecidos , coa idea de ir rematando algo .O caso é que son tantos que volvo estar nas mesmas...vou de este ao outro e non remato nada. Ten razón o   meu amigo Eduardo... demasiadas frontes abertas.






A semana que ven retomo tamén a miña costume dos paseos dunha hora coa cámara ... moitos propósitos xuntos, eso que non contei nin a metade!

jueves, 1 de marzo de 2012

Cousas para facer con cartón ou papel reciclados


Unha amiga, que sabe da miña afición pola reciclaxe, pideume algunha idea para facer con papel ou cartón . Aquí van algunhas cousas que xa fixen eu o cousas que vin por aí...hai tantas boas ideas por todas partes !
  • Para facer con cartón de ovos 
Neste mesmo blogue hai algunha idea, como estas:

Unha viñeta do conto dos tres porquiños
neste blogue, aquí

Unha careta para o carnaval, tamén de porquiño
neste blogue, aquí

Unha guirlanda para poñerlle unhas luces(esa é a que está na cabeceira do blogue)

neste blogue, aquí

  • Chismes feitos cos rolos do papel hixiénico: 



Un "arte" para a parede...
Mais aqui



Via mother baby earth





Mais viñetas, estas no interior do tubo:

Via mothern baby earth


Chismes feitos con libros vellos

 

Estes  libros plegados:

Estes son meus, neste mesmo blog aquí

  • E tamén está o mundo dos mobiles...

Podes atopar este e mais aquí



Este é de Made by Joel
  • Esto xa é para alucinar. Son cousas feitas tecendo papel reciclado...
para non perderse upon a fold




Recortables de papel con plantilla podense atopar moitos no blogue de Joel Henriques, Made by Joel, que ten cousas estupendas.

En fin, espero que esto servira de  axuda. Mañan lévote algún libro sobre `papel

martes, 28 de febrero de 2012

Os rabiscos do luns





Coido que o luns pasado esquecín poñer o meu rabisco. Onte tampouco, así que hoxe, martes, deixo uns cantos debuxos que tiña por aí feitos...a ver si collo disciplina co blog ...e co demais tamén, que estou feita unha badulaque...

martes, 21 de febrero de 2012

Ánimo Carmen!

A foto saqueina de aquí

Estas flores van adicadas a unha moi querida compañeira de traballo que está no hospital estes dias. Un bico Carmen, cuidate, descansa e ponte ben, que te botamos en falta!

(Nota entre nos: polo ED non te preocupes o traballo xa estaba  feito , xa o entreguei e agora toca esperar, ti tranquila, descansa e ponte ben que é o que importa) 

miércoles, 15 de febrero de 2012

Outro par







Veño de subir á miña tenda Etsy este par de amiguiños. Van aos poucos, pero van...
Descubrín hoxe esta aplicación que te mostra a paleta de cores dunha imaxe...xenial!
Penso que vou usala moito

martes, 14 de febrero de 2012

San Valentín




O día de  San Valentín sempre foi unha data moi celebrada na miña casa. Valentín chamábanse o meu avó e o meu pai. Valentín chámase un dos meus irmáns e un dos meus fillos. Este ano foi un pouco diferente.
Ese é o Camelio do meu pai,   marcamolo con esa cadea. A idea foi de Tin. Buscou por todas partes ata dar con unha que lle gostara. Esta era da áncora dun barco. Os números fixoos o meu tío Carlos (baixo a súa supervisión) . Son as datas 1937-2011.


lunes, 13 de febrero de 2012

Os rabiscos do luns


Un rabisco feito nunha libreta calquera, nada mais...

Esta que pasou foi unha semana complicada, cos nenos enfermos e moito que facer. O sábado e o domingo  non estivemos na casa, así que non tiven moito tempo de pasar por aquí. A ver si esta que comeza podo acougar un pouco...


lunes, 6 de febrero de 2012

Os rabiscos do luns

 Os meus fillos pequenos son uns fans dos meus rabiscos, cheos de serpes e mazás...pero eu coido que este xa vai ser o último co tema da árbore