jueves, 26 de noviembre de 2009

lampadas

Estes dias fixen experimentos e probas de lámpadas, a partir dun soporte dunha de Ikea que rompera. Ao final, quiteille os paus e aproveitei este frasco de cristal que me dera miña nai. Antes probei coa funda dun sifón que tiña por casa, a atando unha tiras de encaixe que comprara hai tempo en ebay nun lote de restos de merceria.
Tamén ando con gañas de facer unha lámpada cunha camisa, pero para eso teño que darlle mais voltas ao tema, almidonar ou escaiolar e darlle a forma do corpo, para que quede tesa como un fantasma. A camisa esa vai vella, pero sempre me gostou moito...e dame pena tirala. De tanto poñela a tela está case transparente, ...pero eso para a lámpada vai ben...
Por certo atopei un blogue de nome case parecido que me gusta moito:cosas mínimas

martes, 17 de noviembre de 2009

Reto

Non paso unha semana sen ir. Aproveito os sábados pola mañá, que podo ir sola, porque os nenos non acaban de collerlle o puntiño ó asunto, para meu pesar. Creo que esta alfombra é o último que merquei... (si, pasou pola tinturería, mamá) As tendas de segunda mano están a desaparecer da cidade... por que? non o sei, diríase que coa crise e co junkstyle ou o fleamarket tan de moda andarían a florecer, pero non... O rastro de antigüidades que fan na zona vella non me convence, é como de anticuario para turistas... So me queda Reto para ir osmar en persoa, ... e , ebay, claro, para osmar de xeito virtual...

lunes, 16 de noviembre de 2009

il signore della pasta

Il signore coas mans na masa, facendo non sei si fetucini, parpadelle, tagliatelli ou que sei eu... A pasta estaba boísima... cada vez gústame mais esta afeción que colleu a cociña... Si ben, en xeral, ten que collerlle mais o punto ó tema das cantidades...En realidade non cociña, fai experimentos, polo tanto o tema de cuantificar as racións non lle quita o sono, simplemente pon sobre a mesa os seus prototipos...para que o comité de expertos dictaminemos...

domingo, 25 de octubre de 2009

semana das cortiñas

Estas fíxenas con tela de saco... penso que queda ben, gústame cando filtra a luz, dálle un aire mais cálido e natural á ventá, tan fría e núa ... A Carapuchiña vermella e o lobo están adicados a Miguel, que gusta moito da historia, e anda a preguntar polo lobo feroz en cada conto que lle contas...
Estas son no carto dos nenos. Fíxenas cus retallos que quedaron das colchas - de Vichí chamábanse- que tiñamos cando nenas miña irmá e mais eu (lémbraste Ana?) Os retallos de flores -que segundo o meu fillo maior rozan a horterada- saqueinos dunha colección de mostrarios de tapicerías e telas opara cortiñas e decoración que comprara hai tempo en ebay. Nunca fixera unha compra con mais rendemento... Por 20 € merquei unha morea de mostrarios que cubrían todo o sofá da sala... Non creo que os dea usado en toda a miña vida...
Estas foron probas previas, que descartei...

miércoles, 21 de octubre de 2009

martes, 20 de octubre de 2009

para quen saiba tecer

a que mola? eu non lle dou moi ben á la pero si hai alguén por aí que lle interese, ese gorro é para copiar! está neste blog, cheo de boas ideas para tecer...agora que por fin ven o outono hai que ir pensando en bufandas e luvas

domingo, 18 de octubre de 2009

un bico para Cristina

Hoxe foi un dia especial...todos os curmáns viñeron a Santiago! Marta, Nicolás, Ana, Ramon, Cristina, e tamén estaba Ulises...Cristina non quería marchar, e foise choricando pero eu prometinlle que antes de que chegara á casa tería unha mensaxe esperándoa ... boas noites Cris! a durmir que mañá tes baloncesto... volve pronto a visitarnos!

viernes, 16 de octubre de 2009

libros vellos

Na casa hai libros por todas partes... non collen mais... un xeito de reciclar aqueles que xa non queremos conservar é esta... dobrando as follas quedan así... eu xa vira varios por aquí pero non pensei que fora tan doado...

miércoles, 30 de septiembre de 2009

"handmade home"

O outro dia dime de conta que mentres outras casas son de estilo "retro"a nosa é estilo "reto"...empecei a xirar a cabeza pola sala e non atopei curruncho non que non houbera algo reciclado ou mercado en Reto ... O expositor de libros dos nenos, o espello que hai sobre o sofá,... ata as patas da mesa baixa, compreinas en Reto. A mesa propiamente dita era unha caixa dunha maqueta e foi interceptada de camiño ó lixo... Hai tempo que non me di nada ir as tendas de mobles decoración ou interiorismo, nin a IKEA, nin a sitios así... pero non hai dia que non teime por ir a chambos feiras e compravendas, mesmo o punto limpo municipal dáme mais morbo...¿que me pasa doutor?... A miña fama de recicladora tola ten a súa compensación... unha compañeira de traballo (gracias Pepa) tróuxome o outro dia esta marabilla para ver si era quen de argallar algo que facer con ela...dis que ten moitisimas... son das bolas das camelias cando secan...na miña casa cando nena tiñamos camelios e non recordo ver nunca esa cousa tan bonita...como de pau...
Pasei toda a tarde dándolle voltas e probando ... de momento estou con ensaios técnicos de comportamento do material ao punzado, á quentura... e non din con nada agás o obvio (cortiñas de flecos, colares, e esas cousas ) pero en todo caso, simplemente así, para velas, xa son unha marabilla...

sábado, 19 de septiembre de 2009

comezou a chover...

e agora presta mais quedar na casa...Ademais temos un anaco de vida salvaxe na mesa da sala... cada vez que paso vexo unha escena diferente, crocodilos que papan xirafas..., dinosauros perseguindo galiñas... ultimamente crocodilos trabando crocodilos ... en fin, arrepiante.
O de pórlle un vasiño á pranta para que beba e idea do neno... din que ese pau seco que lle sae é para iso para buscar auga, algo así coma unha paxiña para beber un refresco, a min dame que é unha trola coma unha casa, pero un vasiño de auga non se lle nega a ninguén, digo eu...

viernes, 11 de septiembre de 2009

o primeiro día do resto da súa vida...

Chegou e pasou o temido día... Os dous maiores estaban desexando empezar de novo pero o mais pequeno... non o tiña tan claro. Ía ó cole por primeira vez e non participou da expectación dos outros os dias antes... Mostrabámoslle os libros e miraba para outro lado...Fixenlle unha bolsiña para a merenda que tampouco o ilusionou...Estaba preocupado... O caso é que quedei con el toda a hora...pegouse a min como unha lapa...Pouco a pouco foi tranquilizándose e ao final todo foi ben...Entrou a piques de chorar e asustado e saíu cun sorriso coma un sol... díxome que lle gustara a súa profe... En fin... foi un dia moi intenso... As telas de estampados floreados en rosas e laranxas que tanto me gustan non teñen moito predicamento entre os meus rapaces...así que para facer a bolsa probei con esta combinación, máis discreta: E aquí esta a bolsiña. Penso que quedou ben. Collín a idea do libro de Amy Karol "bend-the-rules sewing"... Por certo, publicou outro, que tamén quero mercar

lunes, 7 de septiembre de 2009

últimos dias antes do cole

Apurando os últimos minutos das vacacións... o xoves empezan as clases. O arco fíxoo o meu pai... ao irmán maior fíxolle unha besta:

jueves, 3 de septiembre de 2009

xa estou de volta...

... con grandes ideas e proxectos ( ben, non sei se grandes, pero si moitas) De momento vou meterme na deconstrucción-reconstrucción da miña roupa... Vexo que é un campo que me vai moito... Xa contarei... de momento deixo esta idea que atopei aquí. Polo demais , o verán foi tranquilo, se pode considerarse tranquilo tendo un mínimo de catro e un máximo de nove nenos bulindo ó redor... Traballei un pouco no vello proxecto da "braided rug", que xa está na fase Rapunzel, como digo eu... A dita trenza xa ten a súa historia. Primeiro foi sabanas e vaqueiros, cada un deles coa súa historia detrás..... Hai uns dias faltou unha corda para subir unha motoserra a unha árbore que se tiña que talar, e como non había, usamos a miña trenza...velaí está toda bonitiña: Cando sexa por fin unha alfombra penso que non lle vou dar moito trote, a pobre, xa cumpriu sobradamente nesta vida...

martes, 11 de agosto de 2009

domingo, 26 de julio de 2009

a illa

Hola, eu sigo aquí.. Estou a metade das miñas vacacións e non fun quen ata hoxe de entrar no blog... a miña idea non era estar tanto tempo sen vir por aquí, por iso nin me despedira, pero entre unhas cousas e outras foise o tempo e xa vai un mes desde o último día... Este é o Con dos tres pés... Ata mañán