sábado, 16 de mayo de 2009

porque quero

Hai uns dias o meu home decidiu por fin botar unha ollada ó meu blog... (penso que lle preocupa que non explique ben as receitas do xelado...) Eu estiven caladiña, coma quen agarda a nota dun exame... de vez en cando o meu home sorría, así que crin que tiña pasada a proba, ata que vin que lle daba un arrepío e torcía o xesto coma con dor, unha vez, e un pouco máis adiante outra... mirei a ver que lía nese momento, pensando que lle molestaba que falara del, pero non, era nunha entrada na que nin o mencionaba... Como seguía a ter eses espasmos cada certo tempo pregunteille que lle pasaba, e empezou a murmurar: lagartixa... rodaxa... só falta dicir... sen tapuxos! Ven, aí chegamos ó asunto... era a miña incorrección no uso do galego o que o facía remover na cadeira... Ten razón. Eu non me expreso correctamente en galego. Costame mais que expresarme en castelán. Eu non son unha galego-falante. Cos meus pais e irmáns falo castelán, porque é o idioma no que sempre falamos entre nos... E por esa mesma razón fálolles así ós meus fillos...aínda que intento falarlles en galego, non me sae de xeito natural... Pero eu non sinto que me impoñan o galego... ao revés, penso que o galego esta morrendo e está nas nosas mans darlle nova vida, e non hai outra forma de manter vivo un idioma que falándoo, sempre, a todas horas, en todos os ámbitos, como si non tivésemos outro... Quero que ós meus fillos non lles pase o que me pasa a min, e se poidan expresar con naturalidade en galego (e claro, tamén en castelán, tamén en inglés, tamén en chino, se cadra, que sei que é o idioma do futuro....) e mesmo si me puxeran no brete de ter que escoller só un idioma, que fora o galego, que é propiamente o noso. O meu blog é o sitio onde poño o que vexo, o que me gusta, o que fago cando podo facer o que quero, ou o que me gustaría facer...pois ben, a min gustaríame ser galego-falante, e neste recuncho, onde non teño que dar conta a ninguén de por que fago o que fago, e que é a expresión da parte da miña vida cotiá que mais me gusta, ben ou mal, falo galego.

6 comentarios:

Ramón dijo...

Duas cousas:

lagartixa
s. f.
1. Pequeno lagarto.
2. Sardanisca.
3. Fig. Mulher feia e magra.
4. Bras. Mulher magra, de talhe flexível.

Será castelanismo, mas se até Pessoa escrevia "lagartixa", penso que cho podemos perdoar. Diz a Don Tacañón que recomponha o gesto.

E a segunda é que escreveres em galego está perfeito. Escrevendo é como se aprende. Além de que quase não conheço a ninguem que escreva sem gralhas.

esther dijo...

Gracias, Ramón, non tes idea do que me anima o teu comentario!

A Madriña © 2009 dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
A Madriña © 2009 dijo...

No sur, xa creamos a PAEGF ( Plataforma de Apoio á Esther Galego-Falante)e nomeamos presidente de Honra como sanción a ...PUCHO !!!
Porque Esther é, como din un amigo da miña filla: "Coxonuda", dito asi en "rodaxas" ou enteira con "tapuxos" oun sin eles.
PD. Solo unha corrección de erros, o Chinés no vai a ser o idioma do futuro- outra gran mentira como o do CO2 e o cambio climatico, o idioma do futuro vai ser o máis falado no mundo despois do castelán: O Galego !!!
A Madriña vos bendiga ( All of you)

esther dijo...

manda carallo

esther dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.