viernes, 25 de junio de 2010

RETO 13

Hai varios sábados que non vou de rastreo a RETO, e que non podo dispoñer da fin de semana, así que teño o do Reto dos sábados un pouco desgobernado, pero hoxe decidín empezar facer algo...

 Esta é a lámpada da nosa habitación, e deume unha idea para darlle uso a unha  especie de armazón de vimbio que trouxera de Reto. En principio pensaba adicalo a colgar sombreiros ou colares ou algo así, coma si fora un manequín, e así estivo na miña cómoda todo o tempo. Pero estaba farta de ver a  bombilla pelada na entrada de nosa habitación, así que dándolle a volta  ao chisme, colgueino a modo de pantalla , coido que combina ben coa outra:
Gústanme as sombras que fai, así en espiral ...para ser sincera,  queda mellor na foto, feita tombada no chan, que na realidade, pero polo menos, xa non vexo tanto aquela  bombilla....Dificultade técnica, non tivo moita: craveino directamente no teito.

En fin, estes dias os nenos pequenos van estar  cos avós, así que espero poder dispoñer de mais tempo para adiantar retos pendentes, ordenar armarios varios e rematar limpezas de primavera, que xa  se converteron en limpezas de verán... perdín a ocasión de votar a cacharela de San Xoán moitos trastos acumulados...pero sempre quedarame o Punto limpo...

Hoxe é a primeira tarde en moito tempo que escoito o  silencio na miña casa... canto o votaba de menos!

2 comentarios:

Amilamia dijo...

Olá esther. Este domingo xuntarémonos na carballeira de chaián un ha chea de xente, moitos artistas e público en xeral para reivindicar a protección dos bosques. A convocatoria é Enarborar o bosque e levaremos bártulos para pintar, haber tamén músicos, teatro, poesía... é todo o dia, leva cada un a suma comida. tamén para rapaces. Animadevos. Para máis información arteu.blogaliza.org ok escríbeme a inmadovalp@gmail.com Bios
Inma Doval

esther dijo...

Que mágoa, non estivemos aquí esta fin de semana!