viernes, 1 de abril de 2011

Caderno da viaxe

Nun primeiro momento pensara en mercar unha moleskine, como manda a tradición viaxeira...pero atopei que este caderno negro de hule da nosa Miquel Rius de toda a vida ten un tamaño mais axeitado para o meu gusto, mais semellante as proporcións DINA, así que paseime da Moleskine ao Miquel Rius, e alá fun carrexando co meu caderno por Londres adiante.
 Estas son algunhas das páxinas que fixen. Alguns dos debuxos están feitos alá pero a maior parte do traballo está feito xa na casa, coa idea de fixar na memoria as lembranzas desta  pequena pero intensa viaxe.