domingo, 11 de septiembre de 2011

Pois non

Uff, resulta que non fun quen de subir o meu deseno ao concurso este de spoonflower. Eu seguín todos os pasos pero algo non foi ben. Mandeilles  un email e explicaronme coidadosamente os pasiños a seguir, pero nada.Volvín mandar outro deseno, so para comprobar que era quen de subilo ao concurso desta semana, pero nada, tampouco. Volvín mandarlles outro correo e repetironme os pasos paseniñamente, so faltoulles dicir con voz forte, ...Oeme ben,  avoa? Estaba xa toleando e convencendome  que era  parva, cando me veu a inspiración... E si cambio de navegador?  Deixei o Google chrome habitual e pasei a Mozilla e todo foi como a seda...Resulta que co google chrome a metade dos botonciños non saían...Que alivio,  a miña correspondencia cos de spoonflower empezaba parecer un dialogo de xordos...


Este foi o que mandei para o concurso desta semana, que ten por lema As Cores do Outono. Non podías usar mais que tres cores mais o blanco. A min gostabame mais o outro pero que se lle vai facer...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Está-che bem por usares o Google Chrome. Hai que apoiar o software livre, viva a Mozilla!

Erktorp

Anónimo dijo...

Very good information. Lucky me I reach on your internet site by accident, I bookmarked it.