domingo, 18 de marzo de 2012

Remendos e reciclaxes

Teño unha cesta enorme chea de cousas que penso arranxar algún dia na que xa non cabe nada mais. Empecei coa idea de tirar con todo e ao final, optei por arranxar algo e volver gardar todo pero ben dobradiño. Deume tempo a arranxar esta camisa de froles, que tiña dous rachóns nas mangas, e que simplemente cortei para deixar coa manga curta. Tamén fixen uns adornos con tea.  

Hai tempo desfixera unhas sábanas baixeiras de franela que tiña e que non usabamos porque daban moita calor. As sábanas en sí useinas para facer unha alfombra trenzada, aquela famosa briaded rug que, por certo,  ainda non rematei. Pois a goma que facía o axuste da sábana non a tirei daquelas pensando que algún día íame server para algo. Pois eso é o que usei para facer os colares. A que quedaron chulos non ? Ademais son reversibles!











O que usei para os colares é isto:




Estou bastante contenta coa transformación:: 



3 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

A min tamén me custa horrores poñerme cos amaños, pero recoñezo ca unha vez feitos a satisfacción é dobre :)
O dos elásticos foi unha ideaza!

Teresa dijo...

Non me extraña que quedaras satisfeita co resultado, que bonitiños che quedaron os colares! E o gusto que da darlle por fin saída a esas cousas que tiñas á espera e que xa empezabas a dubidar se farías ben gardándoas, a que si?

esther dijo...

Pois sí, os elásticos eses estiveron xa no lote de tirar ao lixo, pero deume mágoa e volvinos coller...Creo que teño un vermello ainda por ahí roldando...a ver si o atopo e remato a colección "elástica espiral"