domingo, 7 de junio de 2015

E así foi a cousa

Pois chegou o día sinalado e tamén pasou. Quedei esgotada, aínda non sei moi ben de qué, porque os que traballaron duro foron os meus axudantes, eu o único que tiña que facer era ir de aquí alá saúdando ós que chegaban, (que eran - basicamente- a miña familia e algúns amigos de toda a vida)

Fixen bastante fotos do antes, pero poucas do momento en sí, que xa andaba mais liada,  e esquecín decirlle a alguén que fixera fotos. O meu fillo Miguel colleu a cámara, e fixo de fotografo pola súa conta, pero o seu criterio sobre o que resultaba de interese non coincide co meu.

En fin, aquí vai unha mini reportaxe do que aconteceu antes e durante o esperado dia da miña primeira (espero que non a última) exposición:




Non todo é traballar. Este é o momento exacto no que meu irmán descubre un niño de gaivotas na casa fronte o ateneo (feita polvo, por certo, que mágoa)





Aquí pode observarse  o grupo negociador negociando e o meu equipo colgador colgando, cada un ao seu, sen distraccións...
 Aproveitando que atopei un espello, unha fotiña de conxunto, caracterizada de Picasso


 Segundo niño de gaivotas avistado,  esta vez dentro da propia casa...na galeria. Os poliños de gaivota parece que están feitos para camuflarse na uralita


Imaxe final, mais ou menos
Un detalle dun grupiño de cadros pequenos


 Empezando a segunda fase do evento, un pouquiño antes da hora da inauguración
 Aquí os primeiros asistentes, todos da familia, acudindo á chamada do clan
 E xa, metidos en faena, posando con  mis  boas amigas Pilar e Ana.
 Esta é unha das poucas fotos que saio eu. Agora dame un pouco de mágoa, non ter feito mais, so se fai unha primeira exposición unha vez na vida no?

 

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Which of the three lovely ladies on the last photo is you?

Thank you for sharing your big day with us blog-readers!

Vera

esther dijo...

I´m the one in the middle( and the one with the sailor stripes t-shirt, too)

Anónimo dijo...

Parabèns. que familiares me resultan as caras deses cadros! Bicos, Erktorp