martes, 17 de mayo de 2011

Paseo


 
Eu vivo nunha cidade que é patrimonio da humanidade. Ten una zona antigua impresionante e uns parques urbanos que son unha maravilla. Cando a percorro non podo evitar sentirme orgullosa dela. Onte pensei que con eses bimbios, non tiña merito facer bos cestos, e deume por ir a zonas menos fotoxénicas... no que da, claro está, para ir e voltar nunha hora, que é a miña medida. 

Esto é un pouquiño do que fotografei nesa hora de ir, camiñar sen rumbo, e voltar a casa. Eu buscaba a cor laranxa para meu grupo de fotografía de flickr, pero non o atopei. Vin moito amarelo e moito azul, pero nada laranxa, agás a luz dourada do atardecer nos muros de pedra
 


domingo, 15 de mayo de 2011

Arbores

O outro dia, camiñando pola rúa abafada pola calor, cambiei de beira para acollerme a sombra das arbores que vía ao outro lado...que ledicia! Deume por pensar que as arbores eran para os homes, no reino vexetal, o que os cans no reino animal, xente amiga. Logo mirando sobrecollida a dimensión do carballo que tiña diante, pensei, mira que chamarlle can a esta cousa sobrecolledora, e impresionante! Deronme ganas de facerlle unha pequena reverencia

Nestes dias abafantes, e de agradecer ter sitios coma estes para pasear...  
 


E poder ver esto desde a fiestra cando almorzo é , simplemente, un privilexio:

martes, 10 de mayo de 2011

Paseo

Paseo por mi ciudad by cousas pequenas
Paseo por mi ciudad, a photo by cousas pequenas on Flickr.
Onte salín a camiñar. Teño a intención de sair polo menos unha horiña diaria. Levei a camara por si atopaba algo de cor laranxa para o grupo LVM de flickr, pero non atopei moito desa cor. É divertido mirar buscando a foto.

viernes, 6 de mayo de 2011

Galería de cousas pequenas

fabric bagsleeve pillowgiftgiftfabric bagOs luns: apunte do natural
sketchportraitOs luns apunte do naturaltrasluzpaseo por mi ciudadpaseo por mi ciudad
Os luns: apunte do naturalOs luns: apunte do naturalOs luns: apunte do naturalOs luns: apunte do naturalOs luns: apunte do naturalOs luns: apunte do natural
Os luns: apunte do naturalOs luns: apunte do naturalOs luns: apunte do naturalOs luns: apunte do naturalOs luns: apunte do naturalOs luns: apunte do natural
La galería de cousas pequenas en Flickr.

Estou probando todos os botonciños que vou atopando...non coñecía esta posibilidade

Reusar

Xa para rematar esta semana tan costureira, deixo o tutorial en imaxes para facer unha bolsa de tea  a  partir  dunha  funda de almofada (de 90 cm ). Eu, non sei por qué,  teño duas fundas desparelladas na casa, onde están as sábanas que correspondían a estas fundas é un misterio..Son da miña época de estudiante...quedarían trasegadas nalgunha das multiples mudanzas.

Esta é unha variante un pouco chapuceira que me inventei eu a partir da reversible que fixen para Cris pero moito mais facil . Non é autenticamente  reversible pero o parece.

Aquí está a antedita funda da almofada:
Dámoslle a volta e cortamos para facer a forma das asas. Eu usei de patrón a típica bolsa de plástico do super, que cortei para ver como era. Ven sendo a forma dunha camiseta de asas,  que  é como chaman en Vigo, con gran lóxica, a este tipo de camisetas.
Ese recortiño vai ser o peto, ¡mais aproveitamento non se pode pedir!
Agora temos que coser o que vimos de recortar, todo polo borde.Parece que facemos un saco completamente pechado, pero non, queda o buratiño das asas, que vainos servir para darlle a volta a tea, e deixala xa do dereito.

Agora que a temos do dereito, temos que coser os extremos das asas e os laterais, para facer xa a forma da bolsa definitiva.

Unha vez feito esto, damoslle volta a bolsa e xa está rematado o choio!
Esquecín falar do peto, pero hai que poñelo, dentro ou fora, ou nos dous sitios. Eu fago o borde coa prancha e o coso sen mais.
Tamén hai que dobrar a asa cara dentro para facer a forma de fol que teñen as bolsas de plástico, (mirando unha de plástico vese ben como hai que dobrar), mais ou menos así:
Pois eso, rematada.
Realmente sinxelo, se non escachas a agulla da máquina, e tes que porte a buscar o reposto,  faise en menos  dunha hora, incluindo fotos.