lunes, 17 de octubre de 2011

domingo, 16 de octubre de 2011

Pinterest

Xa tiña oído falar do Pinterest pero ata agora non me decidira a probar...Hai tantas cousas na rede...facebook, twitter, flickr..se te deixas ir acabas por tolear...Eu ao facebook non lle acabo de coller o punto...aturullame a cánsame...pero ao de Pinterest estou enganchada...Levo un par de horas cravando chinchetas virtuais no meu taboleiro ...Vou parar que xa teño os ollos a cair...
O que queira botar unha ollada os meus taboleiros de fotos, ainda medio valeiros teño o enlace aí ao lado, na barra lateral.

miércoles, 12 de octubre de 2011

Follas pintadas

Boa idea para facer cos nenos non? Todas estas imaxes estan collidas do blog The art room plant, unha boa fonte de inspiración

lunes, 10 de octubre de 2011

Os luns: Apunte do natural

Esta que pasou foi unha semana de cambios e axustes  nas nosas rutinas...novo horario no traballo, menos horas para as miñas cousas...mais cousas que facer na casa...
Xa casi non tiña luz natural cando puden coller o caderno, pero empeñeime en facer o meu apunte rápido dos luns coma sempre...que non se diga que afurriquei!

lunes, 3 de octubre de 2011

MOO


Xa teño na casa as minitarxetiñas que encarguei en Moo. Lástima que non chegaran a tempo para enviar co meu primeiro pedido da tenda...Teño tamen unhas pegatinas redondas como a imaxe da tenda que está na barra lateral. Estas cousas a min perdenme...

Por certo, dinlle unha pequena volta ao escaparate da tenda. Volvo poñer algun dos carteis  que tiña antes e tamén engadín o cartel que enviara para o concurso do Congreso sobre a lactancia.

O apunte do natural deste luns, vai ter que ser mañá, hoxe non fun quen de acougar nunha cadeira ata agora mesmo, e xa non tiña luz natural... nin forzas

Post-post

Logo de publicar este post, recibín un correo de MOO no que explican que os seus  clientes teñen un enlace especial e personalizado, que sei que si o pos, e alguén coñece e usa Moo a través dese enlace  fanlle no seu primeiro pedido o 10% de desconto, e ao que o pon, tamén lle fan descontos, así que aí vai o meu enlace personalizado  a  MOO, se picas aquí e fas algún pedido, tes un aforro e eu otro.

domingo, 2 de octubre de 2011

A miña primeira tea!



Recibín unha  proba daquela tea que desenara en xullo e que mandei a Spoonflower...Fíxome moita ilusión, é a primeira vez que vexo algo desenado por mín fabricado de verdade (que non sexa, claro, feito con cartóns de ovos, envases de plástico ou demais elementos collidos camiño do lixo).

Chegou nese paquetiño tan molón. E pouca cosa, xa o sei, o que no mundo das teas en yardas chaman o  fat quarter, de quilting cotton, o sexa, para o traductor de google "un cuarto de grasa de algodón acolchado"

Falei algunha vez do divertido que é ler cousas en outros idiomas co traductor de google?
Un día lin, traducido dunha páxina en sueco, algo así como... "Aquí está, a miña mesa de merda de galiña conxeada" 

¿Verdade que iso non pode estar ben traducido?

sábado, 1 de octubre de 2011

martes, 27 de septiembre de 2011

domingo, 25 de septiembre de 2011

Cartel

Onte fallouse o concurso de carteis para o próximo congreso sobre Lactancia materna que organiza Fedalma. Este foi o cartel que mandei eu. Ainda que non gañei, estou moi contenta, porque o xurado considerou que o meu cartel, xunto co de outra participante, merecía unha mención especial pola súa calidade.

Acabo de lelo na súa páxina web, e estou moi emocionada...dame ánimos para seguir traballando e aprendendo, voume dormir cun sorriso na boca!


miércoles, 21 de septiembre de 2011

Estou a ver si boto a andar a máquina de coser vella que teño na casa, porque o pedal da outra rompeu xa definitivamente. Non sei se haberá recambios. 
A cousa é mais ben entendela, e ver como se pon o fío, onde raios está a canilla e esas cousas, que funcionar sei que funciona. Aquí teño ó técnico botando unha man... Como ten mais paciencia ca mín foi quen de conseguilo, e ademais baixoume un manual da Singer modelo 15 de internet. De momento, no manual, non atopei  a explicación de para que sirven todos eses artiluxios tan raros...se cadra é  porque está en inglés.

E esta é unha foto que poño de parte do meu fillo Valentín, que quedou moi contento de como lle quedaba a súa marca feita coa sombra dun clip. 

martes, 20 de septiembre de 2011

tartaruga

 Esta tartarugiña fixena o outro dia para a neta de María, Isabella, que naceu a semana pasada...O patron é do libro Bend the rules Sewing, de Amy Karol, que teño na casa hai tempo, e co que collin o puntiño de darlle a máquina de coser, porque ten moitas cousas que un principiante pode facer..


Esta é a parte de abaixo. Penso que a tea da cabeza quedaría mellor ao revés, coa parte que quedou abaixo cara arriba.
E estes son os patróns. A parte que fai a cuncha cortase sobre a tea dobrada. Da forma das patas, cortanse 8 pezas, da parte de arriba da cabeza dúas. Da parte de abaixo da cabeza 1. Da barriga, dúas, que coses ao  final porque é por onde recheas.

Aquí están as pezas xa cortadas:



lunes, 19 de septiembre de 2011

Os luns: Apunte do natural

Tiña o apunte a medio facer cando nos chamaron dicindo que o neno maior caira no entrenamento e que estaba no hospital. Afortunadamente nada grave, pero si molesto, un par de osos rotos e o brazo inmovilizado...Á noite rematei a lápiz un pouco os figos que deixei a medio pintar cando saín pitando.

Mañá  pola maña sae para o correo a miña primeira venda da tenda!
Estou moi emocionada.

jueves, 15 de septiembre de 2011

Cambio de escaparate

Como xa comentei, na miña tenda -que abrín o pasado dia 5 de setembro-  non podo ter mais de 5 cousas á vista, porque ten un escaparatiño virtual moi pequerrechiño, (lembrame unha mercería que hai aquí) así que teño pensado darlle unha volta cada 10 dias mais ou menos ... Pinto de novo color e poño outras cousas distintas... Ao retirar as cousas que tiña antes borrei as estatísticas das visitas anteriores, das que estaba moi fachendosa, pero, en fin, empezar de cero cada vez tamén ten o seu aquel.

Esta vez puxen na tenda algúns dos debuxos que fago nas miñas series dos luns. Son impresións dixitais de calidade sobre un papel moi xeitoso como de acuarela.
aberto

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Os músicos de Bremen

Ultimamente collinlle o tranquillo ao dos concursos, e teño sempre un na cola de producción..Cando teño un momentiño penso un pouco (ainda que mais ben penso coa man, facendo garabatos); cando teño outro pouquiño de tempo, debuxo un pouco e, entre lusco e fusco doulle un pouco ao ordenador, e así pouco a pouco, vou facendo...

Hai uns dias vin un concurso para desenar unha camiseta para Animei beat, co tema da defensa dos animais...e lembrei un garabato que fixera nunha reunión, pensando no conto aquel dos músicos de Bremen...Un pouco con esa idea, e axustando o garabato orixinal co photoshop saíu isto.

A min, gostame moito e paseino ben facendoo, misión cumplida, ...se logo gaña ou non, iso xa non é asunto meu...

O concurso é este... si alguén se anima, o prazo ainda está aberto...


lunes, 12 de septiembre de 2011

Os luns: Apunte do natural

 O outro dia fun visitar a horta urbana que ten o meu amigo Rogelio en Belvís. Que ben se estaba e que paz!...Deume un montón de cousas. O apunte do natural deste luns foi  dos seus tomates (os últimos) que son de tres tipos distintos e tamén dalgún pemento.
Esto é todo o que me deu, e porque non podía carrexar con mais...

Na miña cociña estes dias predominan o amarelo e o bermellón, cando lle cae o sol da tarde as froitas e as verduras brilan como xoias.Eu sospeito que iso non lles fai ningún ben, pero o que é alegria, optimismo e cor si que dan.

domingo, 11 de septiembre de 2011

Pois non

Uff, resulta que non fun quen de subir o meu deseno ao concurso este de spoonflower. Eu seguín todos os pasos pero algo non foi ben. Mandeilles  un email e explicaronme coidadosamente os pasiños a seguir, pero nada.Volvín mandar outro deseno, so para comprobar que era quen de subilo ao concurso desta semana, pero nada, tampouco. Volvín mandarlles outro correo e repetironme os pasos paseniñamente, so faltoulles dicir con voz forte, ...Oeme ben,  avoa? Estaba xa toleando e convencendome  que era  parva, cando me veu a inspiración... E si cambio de navegador?  Deixei o Google chrome habitual e pasei a Mozilla e todo foi como a seda...Resulta que co google chrome a metade dos botonciños non saían...Que alivio,  a miña correspondencia cos de spoonflower empezaba parecer un dialogo de xordos...


Este foi o que mandei para o concurso desta semana, que ten por lema As Cores do Outono. Non podías usar mais que tres cores mais o blanco. A min gostabame mais o outro pero que se lle vai facer...

martes, 6 de septiembre de 2011

Spoonflower

Creo que xa falara  algún dia de Spoonflower, ou non? 

É un sitio no que podes deseñar as túas propias teas. Ti mandas o deseno e eles fabrican a tea, no tipo de tecido base que queiras. Se queres, podes mostrar o teu deseno, e poñelo á venda alí mesmo, (levas unha participación nas vendas e paganche en spoondollars je je) ou, se non queres mostrala nin poñela á venda, simplemente encargas a tea para tí. 

Eu xa hai moito tempo que tiña ganas de subir algún deseno, pero como pasa sempre,  nunca teño tempo.  Hoxe, por fin, decidinme. Teñen un concurso semanal e coincidiu que o tema desta semana (páxaros, cunha paleta de cores reducida e prefixada) coincidía bastante cun deseno que fixera, un pouco por xogar,   en xullo,  un dia que chovera moito na illa. Así que alá foi o meu primeiro deseno ...a ver como queda nunha tea...Teño que investigar mais o mundiño este, penso que é apaixoante. Esto é o que mandei:



Paga a pena pasar por Spoonflower e curiosear as teas que teñen, e, si alguén se anima subir algún deseno pois veña, ánimo...A min é que as teas fanme tolear...como me gusta miralas e tocalas...

lunes, 5 de septiembre de 2011

Os luns: Apunte do natural

Esta é unha xarriña que mercara en Reto hai tempo. Non me convence moito o boceto, pero sego a disciplina que eu mesma me marquei: cada luns facer un apunte rápido do natural.


Por certo, HOXE 5 DE SETEMBRO ABRE A TENDA "COUSAS PEQUENAS"

O poño así, a modo de noticia, para darlle mais bombo ao asunto. 

A tenda xa está aberta.  Na barra lateral deste blog está a súa porta, clickando nela pódese entrar. Tamen aquí:  cousaspequenas.bigcartel.com

Si a tenda fora real e non virtual, podería ver as caras da xente que se parase  ao pasar por diante da porta, e sorrir a alquén que, se cadra, entrase na tenda, e animalo a curiosear, e mesmo preguntarlle, ¿gustache a cor das paredes?..pero como a cousa é virtual non podo falar con ninguén...Vou un pouco a cegas.

De momento, mentres vou probando como funciona o sistema, estou na tenda básica de bigacartel, na que solo podes ter cinco cousas á venda. Se cadra cada semana doulle a volta e fago unha rotación do escaparate.

Aquí mostro un dos carteis  posto na miña casa . Na tenda vai sen marco eh?



Estou traballando en moitas  cousas mais. Teño dúas liñas pensadas, que coinciden coas cousas que me gosta facer: deseno gráfico (camisetas, logos carteis, tarxetas...) e cousas aretesanais:  monecos, bolsas...desenos propios  feitos coas teas que me gosta coleccionar...

De momento estou centrada no  deseno grafico e na ilustración pero o meu ordenador non está pola labor...Non fai mais que dicirme  todo o tempo:  Non podo facer iso que me pides porque os discos de memoria virtual están cheeeos!

Preguntados ao respecto os dous asesores informáticos que teño na casa, un deles contestoume:

-Tira con ese trasto e compra outro ordenador, mamá

E o outro:

-O que pasa é que traballas con moita resolución.

Eso si que é certo, desde pequeniña xa era así, sempre traballei con  moita resolución.

jueves, 1 de septiembre de 2011

Adios Prado

Casi sen decatarnos, chegou o outono. Benvido!. Onte despedimonos de Prado. Ata o verán que ven!


Aquí mostro algunhas  cousas que fixeron os nenos co barro que fumos buscar.Agora xa temos localizados varios xacementos pola zona...Algún dia hei coller para probar a facer algunha escultura, é un barro moi bó.

O que teña tenda, que a atenda


Bueno, xa estamos en setembro, e chegou o momento de empezar a rodar. Levo un tempo dándolle voltas ao asunto, e a cousa no é tan doada... que si non me convence o tecido da camiseta, que si non é exactamente así como quería a impresión...Para mín todo é novo, e vou dando chimpos de aquí para alá. Penso que a cousa non está ainda madura, vou seguir traballando mais, probando nun sitio e noutro, mentres vou definindo que é exactamente o que quero facer.

Así que este é o meu plan:

Vou abrir a tenda en Bigcartel e votala andar axiña, un pouco de proba, para ir collendo o xeito. De momento, pouca cousa, so para ir vendo como funciona o asunto, e para ver si sou quen de manexala. A miña idea é enlazar este blog coa tenda a partir do dia 5 de setembro. Mentres hei seguir traballando coa idea xa de facer unha apertura en toda regra, un pouco mais adiante,  se cadra tamén en Etsy...

Ocorreuseme que o día  11 do 11 do 11 é un día sinalado e doado de lembrar, así que ¿por qué non?
Despois de ese período de proba (aínda que a tenda estará plenamente operativa a partir do día 5) Queda marcada a data de inauguración oficial para o dia 11 de novembro , así que, si non chega antes a fin do mundo,ou calquera outro contratempo,  quedamos emprazados para esa data para celebrar unha inauguración da tenda como deus manda, cuns canapés e un vinito virtual, ou cun cocktail, xa postos.

Por certo veño de rexistrar o meu dominio personalizado ( www.cousaspequenas.com) é ao pasar o meu blog a ese dominio perdín todos os enlaces que tiña, todos os sitios que me gostaba visitar e que tiña na barra lateral do blog baixo o nome "A miña inspiración"  Alquén sabe si  hai algún xeito de podelos recuperar? Non entendo por qué desapareceron, si blogspot redirecciona ao meu dominio, tiñan que andar por aí ¿ou non?

En fin, non saber e como non ver verdade? A veces penso que  me lancé á rede sen rede...




jueves, 25 de agosto de 2011

estes dias



Estes dias andiven dandolle voltas a un cartel que vou presentar a un concurso e que veño de rematar. Penso que quedou ben, (non é o da foto, cando poda xa o mostrarei). O fixen a partir dun grabado en linoleo, que xa hai tempo que quería probar... as gomas de borrar vanseme quedando pequenas.

Nunca antes grabara nada en linoleo así que o que se di a técnica non a coñezo... Mirei nun libro que teño e a teoría pareceume fácil...Ilusa... A parte do grabar foi ben, é mais ou menos como coa goma, pero á hora de entintar, miña naiciña, a que montei. 

As gomas de borrar fagoas coa típica tinta de oficina, eses tampóns que xa venden para os selos de caucho , pero claro o linoleo era moi grande para iso. Probei embadurnar con pintura acrilica un rolo e darlle, peo non foi ben. Logo probei con tinta china en frasco e nin chegou agarrar, estaba moi aguada. Fun a tenda onde mercara o linoleo e non me souberon dicir que tinta tiña que empregar. Mirei en internet e dis que hai tinta especial para linograbado ou tinta offset (?) pero eu por aquí non a atopei.

Como eu non son de me desanimar, volvín a casa e tomei medidas á desesperada, collín o frasco da tinta líquida e pusena a ferver nun cazo, a ver si ao evaporar o auga espesaba un pouco e ía mellor a cousa. Un pouco mellor si foi, pero non para tirar foguetes...En calquera caso valeu, porque despois traballei coa imaxe no ordenador, e retoquei a cousa, pero vamos, teño que mellorar a técnica...

 Nunha das probas que fixen, con pintura acrilica,  usei un cristaliño que tiña por casa para embadurnar o rolo. Ao recoller, ocorreuseme que era doado facer un debuxiño na pintura negra que quedou seca,  como aqueles que facíamos na escola, que ao rabuñar o negro saían as cores que estaban debaixo. Este o fiixen a correr, en dous segundos, pero penso que facendoo con mais coidado pode quedar chulo na ventá, deixando pasar a luz
Aquí está cunha tea de raias debaixo

martes, 23 de agosto de 2011

oliveiras

A miña curmán Ursula e o seu mozo regalaron como recordo da súa voda estas oliveiras...deronlle unha a cada invitado, metida nese saquiño de tea. Pareceume unha idea moi bonita.

O meu fillo maior está construindo un estanque para  peces en Prado e decidiu plantalas aí...Espero que medren, non sei se o sitio que escolleu será moi sombrízo.

 Aí está cos irmáns,  explicando as grandes obras de inxenería que anda a acometer, Sei que ten previstas varias pozas independentes, comunicadas entre si cunha tella para facer unha pequena  fervenza dunha a outra...Este neno tiña que ter nacido xapones, digocho eu.


miércoles, 17 de agosto de 2011

(Pequeno parentesis)

Andiven un pouco liada de aquí para alá, e mesmo non sei onde teño a cabeza...Nestes dias houbo de todo un pouco, volta ao traballo, unha voda na familia, viaxes dunha punta a outra de Galicia...non atopei momento para pasar por aquí, a ver si acougo un pouco...

Estes dias teño pensado traballar en mais desenos para a tenda, que con tanto bule bule non din feito, e tamén nun cartel para un concurso do que me falaron (gracias tartaroucha!) que remata o prazo moi pronto.

En fin...esquecín a máquina de fotos na casa dos meus pais, así que ata que a recupere non vou poder subir imaxes fresquiñas. Deixo esta de hai xa uns dias, que me pon de bon humor ... A foto non a fixen eu, fixoa o pai da rapaza. Quen poidera voar como ela!