Decidín que era boa idea escoller unha das teas que tivera boa caida ,rematala un pouco,(ou non,) e facer un fular...É doado de facer, mesmo para quen non ten moita idea de costura ,coma mín, e,c ten a vantaxe que cando canses do fular, sigues a ter a tea para facer un coxín, ou un moneco, ou unha bolsa, ou unha camisola!
miércoles, 23 de marzo de 2011
Primavera
O inverno quedou atrás e o solciño vai quentando ós poucos...os menos frioleiros xa van en mangas de camisa. Apeteceume repasar as miñas teas de cores e de froles...gustame votarlles unha ollada de cando en vez...
lunes, 21 de marzo de 2011
sábado, 19 de marzo de 2011
Dia do pai e dos xosés
Hoxe, por aquelo do día do pai ocorreuseme poñer dos xarronciños con flores na mesa como un pequeno detalle, pensando que mesmo era probable que ninguén se decatase sequera do tal detalle...Curiosamente cando chegaron os rapaces e o pai houbo moito comentario, sobre todo entre os dous pequenos, que montaron moito alboroto e deron moita importancia ao asunto...como si fixera realmente algo extraordinario!
Por certo os xarronciños están feitos dun xeito moi sinxelo, que aprendín nalgún blog dos que frecuento penso que en Apartment therapy. Tes que botar unha pinga de pintura da cor que queres dentro de calquera frasco de cristal, mover un pouco para que o cubra, deixar secar boca abaixo sobre un papel e xa está...Eso sí, si a pintura e ao auga, procura logo non metelos no lavavaixelas, como fixen eu con un par mais que tiña da mesma cor, que quedaron novamente transparentes logo do lavado!
viernes, 18 de marzo de 2011
As 1000 grúas
Ainda que o sistema de pregado que explica a rapaza é distinto do meu e parece mellor....vou tentar facelas de novo...

Post post:
Aquí esta o video de como se fai, seguindo as instruccións de Makiko no seu blog Las 1000 grullas:
jueves, 17 de marzo de 2011
Neste xusto momento, na casa
Temos un combate a morte no Stadium Area, cun claro vencedor, Saurix
e disfruto das raioliñas de sol e da luz que que vai deixando atrás o inverno e traendo a primaveira
e disfruto das raioliñas de sol e da luz que que vai deixando atrás o inverno e traendo a primaveira
lunes, 14 de marzo de 2011
domingo, 13 de marzo de 2011
Excursión
Esta fin de semana fomos de excursión cos nenos, pola zona dos Ancares. Adivemos por Grandas de Salime, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna...Mentras baixabamos e subíamos polos montes, por estradas en espiral vendo pequenos lugares onde semella que nunca mudou nada, escoitabamos sobrecollidos pola radio (cando tiñamos cobertura) o do terremoto de Xapón que mesmo moveu a súa posición no mapa e fixo cambiar o eixo de rotación da terra...
jueves, 10 de marzo de 2011
Onte fixemos...
Este é un onte fixemos falso, porque a careta foise facendo ós poucos, un dia pensar, outro cortar, outro pintar, so quedaba facerlle os buratiños para o cordón.
O antroido xa marcha, pero ainda queda tempo para o super Concurso de máscaras de Mr. Spoki, así que aí vai o noso traballo..
É unha careta adecuada para unha cariña pequerrecha, ao mais pequeno de por aquí que ten catro anos, xa lle vai indo pequena...
Como tantas outras cousas desta casa, está feita cun cachiño dun cartón dos ovos...
O antroido xa marcha, pero ainda queda tempo para o super Concurso de máscaras de Mr. Spoki, así que aí vai o noso traballo..
Aquí pode verse xa posta no probador oficial de caretas
É unha careta adecuada para unha cariña pequerrecha, ao mais pequeno de por aquí que ten catro anos, xa lle vai indo pequena...
Como tantas outras cousas desta casa, está feita cun cachiño dun cartón dos ovos...
miércoles, 9 de marzo de 2011
anduriña
Onte vin unha anduriña neste mandil que fixo Vera, de Brikebrok e quedei con ganas de volver coller unha goma de borrar para grabar algo...Vexo que a miña anduriña saíume bastante diferente da do mandil, que era moi bonita, pero a fin de contas, unha é unha anduriña e a outra unha andorinha....
Esta era a última goma de borrar extra grande de reserva que tiña na casa... hei de conseguir mais. Comproas nunha papelería que hai na zona vella, no Preguntoiro, e ata agora non atopei outras .mais grandes. Pola parte que non se ve pon "para mis grandes errores" e ten un corazón vermello debuxado.
Estes son o boceto inicial, parte do proceso e algunhas probas no papel, para ver si fai falla algun retoque...
lunes, 7 de marzo de 2011
Os luns: Apunte do natural
For us, there is only the trying. The rest is not our business.
viernes, 4 de marzo de 2011
estes dias...
Estivemos ocupados pensando e facendo os disfraces para a festa do cole de hoxe...Así sairon da casa esta mañana o pirata e o diaño...O maior sei que vai de Ali-g...(tiven que ir mirar en internet para saber que raio era eso)...Leva o atuendo na bolsa, que no instituto sonche mais serios...
martes, 1 de marzo de 2011
mais caixiñas
Onte fixen outra caixiña para organizar o caixón. Levoume facela aproximadamente unha hora: seino porque collín a máquina de coser cando Val e Pucho baixaron a futbol e estaba dando o último cosido no borde da caixa cando chamaron ó timbre da porta xa de volta... e ese tempo mesmo chegou para facerlle fotos as distintas fases
O sistema de enganche que uso entre elas é un simple clip.. As caixas non son ríxidas, poñendolles un cartonciño forrado terían mais solidez, pero a mín gustanme así, brandiñas...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
