sábado, 17 de noviembre de 2012

rapport

Hai xa tempo que non subo ningún deseño novo de teas a spoonflwer, ¡ando moi liada !, pero o boto de menos. O deseño textil e unha das miñas ocupacións favoritas: ben podo pasar dez horas trasegando nun deseño e esquecer a hora de comer..(cousa rara en mín).

Agora ando dandolle voltas ao concepto do rapport, esa forma de plantexar un deseño textil  que evita  os fallos na repetición do motivo, ese fallos que sempre aprecio nos meus deseños e que quero corrixir: as xuntas do motivo mal feitas, as liñas ou  ocos cos que non contabas que aparecen estropendoo todo...

Hoxe adiquei a tarde a rapportar un deseño que, se cadra, e chego a tempo,  mando ao proximo concurso semanal de spoonflower. Estes foron os pasos que seguín:




Co motivo así posto, cambiado en diagonal o de arriba abaixo e o de abaixo arriba podense ver os fallos que vai ter a repetición e correxilos...Aquí enchín algún oco e comprobei que algunha parte do deseño orixinal era mellor cambiala. 



Xa escaneado e no ordenador fun facendo alguna proba para ver como ía quedando. Si non tivera feito o rapport, a cousa quedaría como na imaxe seguinte. 
 E así, probando e probando, sin darme de conta, cheguei a unha da madrugada! Boas noites, que mañan teño que madrugar para ir o meu querido curso de serigrafia.

domingo, 11 de noviembre de 2012

serigrafia

 Este sabado foi o primeiro do curso  que estou a facer no taller de serigrafia de Teofila Ruiz. Estou encantada e desexando que chegue o próximo sábado... Gustame moito a profe, o taller e as miñas compañeiras. Solo somos tres alumnas, unha delicia de mañá de sábado!

Esta é a miña primeira pantalla,  xusto para probar  como se fai un fotolito, como se bota a emulsión e como se prepara para imprimir. Aproveitei unha blonda de pastelería en forma de corazón, en positivo e en negativo, un debuxo dunha rosa  e un debuxo duns peces que xa tiña feito na casa. A ver como queda, o proximo sábado xa vou pasalos a unha tea, xusto para probar.
 aquí vou, canturreando e facendo fotos, camiño do taller:


domingo, 4 de noviembre de 2012

pinterest

Creo que xa falei algunha vez do meu enganche co Pinterest...recomendoo a todo o mundo!
Hoxe apeteceme compartir algunhas imaxes do meu taboleiro "Inspiración ilustración". A mín dame moitos ánimos. De cando en vez doulle un repaso as imaxes e levanto da silla con forzas renovadas para facer cousas  Levo xa creo que uns 300 pins, (so neste taboleiro, teño mais) e cada dia atopo cousas novas que van unirse as outras.

Deseñado por  Helen Dardik, preciosas teas!
Precisosos monecos de papel feitos por María Dubrovskaya
Do libro de lembranzas de Susanna Bauer : Trans-Planta N º 3, follas de magnolia, fío de algodón 

Fulvio Bisca: serie The Rose Has Teeth in the Mouth of a Beast

Kristiana Parn, podese atopar o seu arte na súa tenda Etsy
So cinco de trescentos, a que apetece ver mais? Vou levantar de aquí e coller un lápiz...Vémonos outro día.

(Post post:  Este post vai adicado o meu amigo EBy+, que onte tivo unha pequena festa (sorpresa)  na que eu non puiden estar (co corpo, que si co espiritu) )

domingo, 28 de octubre de 2012

Sesión de fotos

O outro dia estiven facendo fotos dos meus monecos para subir a Etsy. É moi divertido. Os meus coñecementos de fotografía son intuitivos e rudimentarios e a miña máquina de fotos é moi básica, gostaríame saber mais. Coñecer a técnica, coñecer o oficio...Pero non chega a vida dunha soa persoa para aprender todos os oficios que me gostaría dominar! e así vou pola vida, aprendiz de todo maestro de nada...







sábado, 27 de octubre de 2012

a madeira é noble


Na mesa que temos no comedor a luz rebota, o tempo non queda marcado, e as marcas afean a superficie. No vello aparador que me deron os meus pais hai nós e hai  vetas, hai marcas e cicatrices e e a luz transfigura as superfices ..Ao atardecer colle un tono de mel dourada coma si a luz saira de dentro...A beleza desa superficie deixame abraiada,  non hai color...

jueves, 25 de octubre de 2012

Unha tarde de outubro...






A festa de G. ao ir pasando as horas. Aínda que non saian na foto tamén había moitos nenos, e maiores 

viernes, 19 de octubre de 2012

Regalo para o meu sobriño

 Por estas datas naceu o G. hai dous anos...E este canciño  é o regaliño que lle imos facer...ssshh...Coma sempre estes regalos aos sobriños e aos fillos van sendo os meus prototipos para a tenda...Lástima de non ter mais tempo, teño a cabeza cheia de ideas ...e a casa chea de teas... Aquí o temos dandonos a patiña
 E aquí en posición de ataque, e un canciño moi valente.
Aquí esta xa listo para meter na caixiña, coa miña tarxeta da tenda, para que non se diga...
E algunhas  imaxes do proceso e algúns detalles, por si alguén se anima...Ao final os circuliños dos pés sustituinnos polos cortizos. A miña idea era porlle unha rodiñas tamén pero ao final decidín que mellor non.