Onte
Hoxe...
Estas imaxes atopeinas na páxina dos instructables, un sitio que visito moito porque é como a enciclopedia universal do "feito a man ó teu xeito".
Por fin atopei o truco para reciclar as lámpadas vellas... Cando o tentei pola miña conta fixen unha desfeita que non vexas... Non tiven paciencia de atopar o intringulis para sacar a roscas e os filamentos e abordei o tema ao bruto, como si estivera a abrir unha lata cunha baioneta... e así non pode ser.
Xa vou poder darlles uso a aqueles tan grandes que atopara un dia.