miércoles, 15 de septiembre de 2010

teas

Estas son as que fun apañando este verán, nos meses de xullo e agosto, nos mercadillos, en tendas de teas...onde cadrou.

O bo de coleccionar teas e ir comprándoas así, sen destino concreto, so porque son bonitas, é que tes sempre na casa un alixo a túa disposición...para facer calquera cousa.

Esta tarde, por exemplo, fun coller a táboa da prancha e decateime de que daba noxo...coa tea protectora vella e queimada... e sen mais decidín cambiala - xa!

Co que xa  tiña na casa, sen ir mercar nin o fío, fun quen de facela...Aproveitei unhas teas  que xa tiña, creo que unha é de IKEA, o recheo, un vivo branco...e listo... unha funda para a prancha, reversible e ben chula! A ver canto dura sen queimar...

2 comentarios:

Os Tartarouchos dijo...

Mira que chula che quedou! O problema é que eu nunca vexo sa teas bonitas, ou teño unha na casa pero non teño con que combinala... e así e todo teño a casa chea de teas :)
As de Ikea, comparadas co que hai aquí son unha marabilla (nin sequera hai unha tenda de teas en condicións...)

esther dijo...

No mercadillo de Vilagarcía, (que é os martes e sábados, e faise onde está a praza de abastos), hai un posto que ten as teas mais bonitas do mundo... Eu toleo con elas...case todas as que vou xuntando no verán veñen de alí, (eu vou desde A Illa, onde paso o mes de xullo...)

Tamén son asidua a unha tenda en Vigo que se chama Retales Lidia,teñen todo tipo de teas e retais, por peso, por peza...tamén moi bonitas...

Se cadra e vas por algún destes sitios, non deixes de pasar alí...