Estes dias de semana santa estiven traballando en varios carteis que vou presentar a concurso...por probar que non quede! Tamén nun logo que me encargara un amigo. Facer logos e carteis é a miña afición e penso que tería sido a miña profesión se os derroteiros da vida non me levaran por outros camiños...
Como non teño outros clientes, decidín facer o meu propio logo para as tendas "cousas pequenas", non vaia ser que algún dia venda algo e me colla sen marca!
Estes son os bosquexos que fixen, están inspirados na guirlanda feita con cartón de ovos que está na cabeceira do blog. Como este luns non subín ningún rabisco, pois poño esto e me dou por cumprida.
2 comentarios:
Xa se te botaba de menos por aquí.
Eu voto (se mo permites) polo que leva a lenda: " a miña tenda", aínda que me gustan todos.
Non deixan de ser todos o mesmo, vou probar facendoo nunha goma de borrar para poder imprimilo sobre tea..
Publicar un comentario