... con grandes ideas e proxectos ( ben, non sei se grandes, pero si moitas)
De momento vou meterme na deconstrucción-reconstrucción da miña roupa... Vexo que é un campo que me vai moito... Xa contarei... de momento deixo esta idea que atopei
aquí.
Polo demais , o verán foi tranquilo, se pode considerarse tranquilo tendo un mínimo de catro e un máximo de nove nenos bulindo ó redor...
Traballei un pouco no vello proxecto da
"braided rug", que xa está na fase Rapunzel, como digo eu...

A dita trenza xa ten a súa historia. Primeiro foi sabanas e vaqueiros, cada un deles coa súa historia detrás..... Hai uns dias faltou unha corda para subir unha motoserra a unha árbore que se tiña que talar, e como non había, usamos a miña trenza...velaí está toda bonitiña:

Cando sexa por fin unha alfombra penso que non lle vou dar moito trote, a pobre, xa cumpriu sobradamente nesta vida...