Levo uns dias traballando nun cartel...e a verdade é que non acabo de collerlle o punto. Farta de ver a cor plana do fondo, tan virtual, tan anodina, pensei que o que estaba a botar en falta era esa sensación de tocar algo material, no que quedan as marcas do paso do tempo, algo con textura...
Así que hoxe adiqueime a fabricar texturas para facerme unha especie de catalogo...como disfrutei!
A que estan chulas? A quinta lembrame unha nena cun paraguas camiñando contra o vento...faría unha boa ilustración no?...Penso que ven de nacer a miña nova obsesión!
martes, 29 de mayo de 2012
lunes, 28 de mayo de 2012
Os rabiscos do luns
O rabisco deste luns e cousas vellas que vou atopando cando ordeno. Esa sirea era para un cartel que tiña en mente e non cheguei rematar para enviar...se cadra noutra volta retomo o choio.
lunes, 21 de mayo de 2012
Os rabiscos do luns
Facendo limpeza estes dias atopei esta libreta vella con algúns debuxos...lembro que este en concreto tivera moito exito entre os meus fillos.
sábado, 19 de mayo de 2012
Casi todolos anos por estas datas dame a ventolera de sacar e ordear todas as miñas teas...Estou inmersa nunha desas limpezas de primavera de varios dias que monto unha feria na casa e logo as presas teño que volver metrer todo nos armarios casi como estaba porque chega o luns e non fun quen de arranxar nada...
Esta vez dille unha volta de torca ao de ordear as teas. Agora teño tantas que xa podo formar combinacións e agrupalas por cores e texturas, pensando e imaxinando o que pedería facer con elas. A verdade e que fun feliz facendo eses lotiños...e casi como si xa tivera xa feito cada cosa.
martes, 15 de mayo de 2012
Os rabiscos do luns
Pois estame costando manter a miña rutina dos rabiscos do luns... pois que sexa o martes, logo. Facer recortables de papel é unha das cousas mais relaxantes do mundo...Vale, se cadra unha masaxe no lombo tamén
domingo, 6 de mayo de 2012
Cartel de san Fermín
Este é o cartel que presentei ao concurso dos Sanfermíns de 2012. Como non quedei entre os oito finalistas, coido que xa podo mostralo aquí.

Pois a min gústame, que queres
lunes, 30 de abril de 2012
lunes, 23 de abril de 2012
domingo, 22 de abril de 2012
bolsiño
Un bolsiño con duas posicións para a miña sobriña, que cumpliu 9 anos, e a bolsiña de tea para gardalo. Eso e un curso que din, a semana non dou para moito mais...
A ver si a que ven paso mais por aquí
miércoles, 18 de abril de 2012
Para mostra, un botón
Estes botóns deumos unha compañeira de traballo que sabe das miñas aficións a merceria e ao costureo. Atopounos nun local antiguo, que ven de herdar e di que ten moitas mais cousas.
Non me canso de miralos..Parecen carameliños! Poñenme de bo humor, moitas gracias Pepa!
Este luns non subín o meu rabisco. A verdade é que fixen moitos, pero non os puxen aquí, eran parte do traballo para un concurso de carteis que ainda non se fallou.
Non me canso de miralos..Parecen carameliños! Poñenme de bo humor, moitas gracias Pepa!
Este luns non subín o meu rabisco. A verdade é que fixen moitos, pero non os puxen aquí, eran parte do traballo para un concurso de carteis que ainda non se fallou.
viernes, 13 de abril de 2012
miércoles, 11 de abril de 2012
logo
Estes dias de semana santa estiven traballando en varios carteis que vou presentar a concurso...por probar que non quede! Tamén nun logo que me encargara un amigo. Facer logos e carteis é a miña afición e penso que tería sido a miña profesión se os derroteiros da vida non me levaran por outros camiños...
Como non teño outros clientes, decidín facer o meu propio logo para as tendas "cousas pequenas", non vaia ser que algún dia venda algo e me colla sen marca!
Estes son os bosquexos que fixen, están inspirados na guirlanda feita con cartón de ovos que está na cabeceira do blog. Como este luns non subín ningún rabisco, pois poño esto e me dou por cumprida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















