O noso sobriniño naceu xa e tan liada estiven que non fun quen de pasar por aquí a deixar constancia de tan grande acontecemento!. O 3 do 3 do 13 chegou para xa se quedar nas nosas vidas un novo menbro da familia. Bicos, bicos ao neno, ao seu irmanciño e aos seus pais. E para acompañar a boa nova dunha imaxe mostro un dos bodies de bebé que fixen no curso de serigrafía, que foi con todo o meu cariño para el.
sábado, 9 de marzo de 2013
viernes, 1 de marzo de 2013
Non puido ser
Vale, teño que recoñecer que si a data de hoxe, venres 1 de marzo, non fun quén de rematar a miña alfombra, non hai excusa posible: o meu reto para o mes de febreiro non foi conseguido.
Sintoo ben, porque o tiña na punta das mans...Era tan doado, que fun un pouco sobrada e deixeino para o final, confiando que tería tempo de sobra...Aproveitei para facer monos e páxaros e non contei con que as veces xurden contratempos e imprevistos que fan mudar as túas previsións...Esta última semana que tiña eu toda organizada para adicarme a miña alfombra, virouseme por completo, e loxicamente, o que non é mais que un pasatempo queda relegado ao último lugar das tarefas pendentes...
Pero non importa, a miña alfombra ten xa moitos metros mais e queda acumulada ao reto de marzo, que empeza a correr o seu prazo desde xa.
Para alegrarme un pouco o ánimo, nunha semana que foi un pouco triste para mín, chegou onte o meu pedido de Wasi Tape...un pequeno capricho que me permitin. Levo suspirando por estas cintas varios anos, e nunca me decidía a comprar ningunha, son todas tan bonitas! Parecíame imposible escoller unha soa ou dúas ..Así que o dia que vin este lote en internet a moi bo prezo, deume a routada e o merquei...Xa casi tiña olvidado o pedido, que ven de moi lonxe a paso lento, pero ao fin chegou...Que bonitiñas son!
Pois despidome xa. Mañana sábado 2 de marzo, vai ser o meu estreo no mundo das ferias , xunto coa miña irmá e unha amiga...Vai ser na feria de artesanía do Soho-Vigo, que celebrase o primeiro sábado de cada mes.
Nunca estiven nunha cousa destas e non sei como funcionan, pero de repente apeteceme ver si os meus monecos merecen que alguén se deteña no posto a mirar ou non, ver a cara da xente cando os mira, saber si lle gostan ou non ....Dame a sensación de que do que mañana perciba ou non perciba na cara da xente que pase polo noso posto, ainda que sexa unha soa persoa, dependerá que siga ou non con esto da tenda, que ata agora, non é mais que unha idea sen desenvolver...
sábado, 23 de febrero de 2013
Pinterest puritano
Hoxe recibin un email de Pinterest decindo que esta imaxe que tiña pineada no meu tablon "ilustración" fora retirada porque contiña nudity.
Pois manda carallo...
O caso e que estiven tentando lembrar o nome do autor ou o sitio onde a vira e non fun quen, claro, como ma retiraron do tablón! Vou investigar.
xxxx
Síii, atopeina! É unha ilustración dunha artista francesa que se chama Sophie Lécuyer. Este é o seu blog, fermosas ilustracións, belisimos traballos...recomendo a súa visita.
Pois manda carallo...
O caso e que estiven tentando lembrar o nome do autor ou o sitio onde a vira e non fun quen, claro, como ma retiraron do tablón! Vou investigar.
xxxx
Síii, atopeina! É unha ilustración dunha artista francesa que se chama Sophie Lécuyer. Este é o seu blog, fermosas ilustracións, belisimos traballos...recomendo a súa visita.
viernes, 22 de febrero de 2013
ceramicas do castro
Os mércores dispoño de 50 minutos mentres o Val vai a clase, e nese tempo aproveito para facer as miñas fechorías. Para non caer na tenda que ten os mostrarios de teas en liquidación -da que xa falei aquí mais veces- din un rodeo, para ir caer finalmente nunha tenda de segunda mano...Entre vasos de duralex, cuncas de barro e caixiñas de porcelana rococó atopei, como unha xoia, estas pequenas pezas de cerámicas do Castro. O da tenda pediume 50 centimos por cada unha, e non o dudei.
Fun para a casa contenta e triste á vez...Contenta e orgullosa de ter na nosa terra algo tan especial, algo que sentimos tan noso, e á vez tan internacional, tan parecido a eses deseños nórdicos que tanto admiro, como son as cerámicas do castro ou de Sargadelos, e contenta porque o puiden adquirir polo que costa un café.
E triste porque din en pensar como sería vivir no outro pais que podía ser tido o noso pais, e din en pensar con qué frecuencia a grandeza de espiritu, o afan de facer as cousas ben, o pensamento, o coñecemento, a modernidade, a cultura en suma, son arrasados por intereses mezquinos de xente cativa, que nin sequera son conscientes do dano que fan, ou, simplemente, polo diñeiro.
viernes, 15 de febrero de 2013
al loro
E a maleta de monos e elefantes segue a crecer...
E aquí temos o behind the scenes...destas fotos
domingo, 10 de febrero de 2013
Packaging
Pensei que era unha boa idea aproveitar un dos meus deseños de teas para facer un papel de envolver especial para a miña tenda...Esta é unha proba para facer bolsiñas de papel para empaquetar os meus monos e elefantes.
jueves, 7 de febrero de 2013
Outro mais
Ola: Chámome Esther e son teaólica.
Os mércores teño un dia mooooi malo. Dispoño de 50 minutos enteiriños na rúa, mentres espero polo neno, e como non da moito tempo a nada, aproveito e vou remexer un pouco nas tendas dos meus "provedores" habituais. Onte fun á miña tenda de teas preferida, na que apenas estamos dúas ou tres persoas un día normal, e estaba chea de mozos e mozas mercando apaños para os seus disfraces de carnaval. Había tal burumbio que non me prestou moito a visita, así que fun a tenda de decoración que está ao lado, e ten os mostrarios de tapicerías en liquidación. Xa falara dela aquí mesmo.
E sí, piquei de novo. Nas dúas.
martes, 5 de febrero de 2013
Proposito de febreiro: iniciado
Comenzo co reto de febreiro: rematar a miña alfombra de tea trenzada, aquela famosa braided rug que leva comigo xa hai anos. Hoxe non foi mais que tantear o choio, ver o que tiña feito e calibrar o que falta por facer. Cría que tiña o tema menos adiantado... pero si so falta un empurronciño de na!
Mellor ir así, con folgura de tempo, porque a miña irmá planteoume outro reto para o primeiro sábado de marzo, e agora ando toda tensionada. Sei que quere mostrar as miñas cousas -xunto coas súas- nunha especie de mercadillo que se fai en Vigo creo que os primeiros sábados de cada mes (Soho-Vigo, chamanlle) en fin...eu que estaba na miña casiña, tan tranquila...
Mellor ir así, con folgura de tempo, porque a miña irmá planteoume outro reto para o primeiro sábado de marzo, e agora ando toda tensionada. Sei que quere mostrar as miñas cousas -xunto coas súas- nunha especie de mercadillo que se fai en Vigo creo que os primeiros sábados de cada mes (Soho-Vigo, chamanlle) en fin...eu que estaba na miña casiña, tan tranquila...
lunes, 4 de febrero de 2013
Valentines
jueves, 31 de enero de 2013
xaneiro: feito!
A principios deste ano fixera un propósito para cada mes, coa idea de motivarme un pouco para rematar os mil proxectos que teño empezados. O mes de xaneiro tocoulle o turno a uns coxíns para o noso banco-estantería. Xa tiña os recheos, así que a cousa foi facerlle as fundas. Aproveitei teas que tiña por casa, e especialmente unha de cadriños verdes, de vichy que chamaballe miña nai, que era dunhas colchas das camas que tiñamos miña irmá mais eu cando eramos nenas.
A tea de cadros tiña un remate ao bies que aproveitei para usar de cordoncillo, polo simple método de meterlle un cordón as bravas. En fin, cos seus defectiños e chapuzadas, aí está, feito...Agora solo queda porlle os libros de novo
miércoles, 30 de enero de 2013
piano
Este foi o dia no que chegou á casa o novo piano (gracias Eduardo, fixeches o traballo completo: doación, traslado, entrega, montaxe e asesoría técnico-acústico-electrónica) Eu tentei inmortalizar a data facendo algunha foto, pero xa era tarde, a luz non era boa, e a fotografa tampouco, así que pareceume que a pouca calidade das fotos non estaba a altura do evento e esquecime delas...
Pero hai un par de días alguén dixome que pasara polo blog para ver si puxera as fotos do piano, e dixen, que caramba, pois aí van.
Entre o piano e o teclado agora si teño que me desfacer dalgún moble...nestes momentos podemos atravesar a sala de punta a punta sen poñer os pes no chan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


