lunes, 12 de mayo de 2014

50

Onte, 11 de maio,  cumprín 50 anos. Hai que dicilo así, con todas as letras. A verdade é que pensaba pasar por esta data sen montar moita algaraca...pero non puido ser. Cumplir medio siglo son palabras maiores!

Empecei o dia con este bonito regalo  dos meus homes (teño catro para mín sola... de momento) que fixeron un paquete que era pura poesía, ainda que non colou a trola de que o saquiño o coseron eles, a flor si que foi cosecha propia:

A media mañana, chamou a miña nai avisando que viña en camino, con  toda a miña xente, que eso de non celebrar os cincuenta non colaba. Foi un bo dia, tomamos uns aperitivos, comimos xuntos, paseamos polo noso parque de Galeras e para rematar un dia glorioso, fumos a un mercadillo no pazo de san Lorenzo...pertiño da casa ¿Que mais se pode pedir? Que os proximos 50 sexan tan bos como estes que xa pasaron!



jueves, 8 de mayo de 2014

adios illas Cíes!




Esta é unha pequena porción da  vista que tivo o privilexio de disfrutar o P. desde o seu estudio durante moitos, moitisimos anos...Cando levantaba os ollos do traballo, esta é a vista que tiña diante, sempre a mesma pero nunca igual, distinta cada día do ano, e cada hora do día...

Este é un boceto rápido que fixen antes de marchar, como un humilde homenaxe a tanta beleza. Está feito a correr con rotuladores de cores humedecidos con auga, non tiña as acuarelas...


Esta temporada andamos con moito axetreo e moita mudanza...non sei se terei tempo de pasar por aquí  acotío como querería, pero heino intentar...

miércoles, 16 de abril de 2014

Deseño dunha bolsa

O deseño Lirios  segue en votación en Spoonflower  está semana, pero  xa enviei o novo deseño que se poderá ver penso que a partir de mañá xoves (parece que en Durham, Carolina do Norte, onde está a sede física de Spoonflower, non celebran moito a Semana Santa)

O tema do concurso semanal que se poderá votar a partir desta noite o mañana,  era facer un patrón dunha bolsa da compra, para cortar nunha yarda de tea co obxecto de conmemorar a Dia da Terra, que se celebra o 22 de abril.

Este é o deseño que mandei, mais simple non pode ser, fai honor á súa propia mensaxe:


A ilustración está feita a partir duns signos debuxados cos dedos, cos que tamén escribí as palabras Need e Less.

All you need is less (coa música dos beatles, claro está) Sempre gustoume esta frase que xa vira por ahí. E gústame a bolsa porque é coherente coa súa mensaxe, de feito estaba buscando un pincel mais gordo co que uso para os meus bocetos de acuarela para facer eses brochazos e non atopei ningún que servira, así que mirei as miñas mans e apliqueime o conto.

Agora que vexo aquí o deseño, observo que as asas teñen unha cor distinta...Non era un efecto buscado, pero tampouco importa moito.

Estes son os signos feitos cos dedos e acuarela azul sobre un papel, que despois trasladei ao deseño.



martes, 15 de abril de 2014

casadetín

Esta fin de semana celebramos unha comida familiar polo cumpre do meu sobriño Román ...Fixemola na casa de Ferrol, na horta, na mesma horta pola que enredabamos de cativos. Cando nenos era un lugar de aventuras...A chamabamos a horta, pero era mais ben un xardín abandonado, salvaxe,  que ninquén cuidaba...onde xa xogara o meu pai de neno. Agora so queda unha parte mais pequena pero está ahí..E a  cuida o meu irmán Tin ,  por fin é unha horta de verdade e un bonito xardín...







 E aquí está o ultimo detalle que puxo Tin no seu taller, unha chave inglesa vella a modo de manubrio para a porta...queda ben verdade? Coido que me gostaría mais pintada de negro ou mesmo enferruxada ..pero é que eu xa estou pasada de volta...estoulle collendo tirria a todo o que é reluciente e ten pinta de novo, e iso tampouco pode ser...

lunes, 7 de abril de 2014

traballo dixital...

...Sobre a acuarela base que mostrei onte. Este é o rapport que montei. Engadín uns talos verdes para darlle mais movemento, retoquei as froles e metín algún elemento de recheo para equilibrar o conxunto. Este é o resultado. Mañana, que será outro dia, subirei o deseño final ao concurso, que será unha repetición deste:


domingo, 6 de abril de 2014

deseño textil: lirios

Mentres está en votación o deseño das baleas do martes pasado, (se queredes votar podedes facelo aquí ) estou a traballar no novo deseño co tema proposto para a semana que ven, que é floral: lirios. A verdade que é un ritmo frenetico o de facer un deseño cada semana, pero si non fago algo así, vaiseme a cabeza a maquinar noutras cousas e prefiro debuxar e pintar.

Esta vez fixen un boceto base en acuarela e agora vou traballar nel co ordenador. Estou totalmente enviciada coa acuarela (gracias Andrea!)...Penso para mín que os que pintamos -algún dia- ao oleo, coma mín,  tendemos a mirar con certo desdén aos acuarelistas...que erro mais grande!! Eu, decididamente, paseime a acuarela...Canto queda por aprender e practicar, que guay! 

Aquí está o  esbozo que fixen  para construir o meu rapportt. O papel de acuarela acabouseme, así que fixen o boceto nun papel que non era moi axeitado...Agora vou traballar sobre esto con photoshop e a ver como queda ao final...Xa o mostrarei





martes, 1 de abril de 2014

Baleas


Hai tempo que non participaba nos concursos semanais de deseño textil de Spoonflower...e o votaba en falta.  Nesta semana ainda están co concurso anterior "Wellies e galoshes" (tiña un deseño moi cuco dunhas botas de auga, mágoa que non chegara a tempo), pero a partir do xoves, penso que xa se mostrarán as teas dos participantes  desta semana. O tema proposto  era "Whales" e dabase unha paletas obrigatoria de 4 cores máximo   mais o branco, que son os que leva o meu deseño. 

Aquí está a miña pequena wally, navegando soliña polos sete mares:



miércoles, 26 de marzo de 2014

aloumiños de leite


Hai moito que non veño por aquí, xa o sei, pero non é que non quera...Non soi moi dada a queixarme de non ter tempo (porque cada quén ten o tempo que ten, o tema é si prefires usalo para unha cousa ou para outra...) pero ás veces ocorre que, sumando todas as cousas que tes que facer obrigatoriamente  no dia,  non queda tempo para as que son simplemente opcionais... 

Ademais, estes dias coincide a data de entrega de moitos concursos de carteis, aos que tiña pensado presentarme,  e como teño que traballar no deseño do cartel nos ratos libres e ademais non podo mostrar o traballo ata que remate o proceso do concurso, pois, sinceramente, tiña o blog un pouco de lado.

Como o meu blog non é que digamos (je je) un blog con moitos comentarios, nunca penso que teña visitantes, e o vexo mais ben como un soliloquio, que a ninguén importa si escribo ou non, pero estes dias tiven un par de chamadas de atención (ana pequena, carmen esto vai por vos), o que me deu ánimo e novos pulos para seguir escribindo e mostrando as miñas cousas, non vaia perder mis poucos e fieis seguidores, pouco dados a facer comentarios, é certo,  pero que eu sei que están ahí. 

Así que aproveito para mostrar unha ilustración que fixen para "Aloumiños de leite" unha asociación de apoio á lactancia materna, que contactou conmigo para facer unha ilustración precisamente porque lles gustou  un cartel que presentei a un concurso con ese tema hai un tempo. O pasado venres tiveron unha festa para conmemorar o segundo aniversario da asociación, espero que a súa festa fora un exito! A ilustración é a que se mostra ao principio, e aquí está o produto rematado. Boa sorte a Aloumiños de leite neste terceiro ano da súa andaina!


sábado, 15 de febrero de 2014

laranxas




Agora que sei que as ciclogénesis explosivas son as galernas de toda a vida, síntome mellor. Levo un mes cruzando a praza do obradoiro para ir traballar como si fora ao timón, pilotando un navío... Ao rematar a costa do Cristo entras no efecto tornado, e xa te sae a conta pechar o paraugas, porque mollada vas acabar igual, pero polo menos non saes voando.

Con este tempo terrible, góstame especialmente estar na casa e mirar desde a ventá como caen chuzos de punta e a xente corre pola rúa pelexando cos paraugas mentres eu estou quentiña na casa. Ademais, cando sae unha raiola parece que todo mellora. A ver si remata este tempo gris e escuro, onde o mais cálido e luminoso que podes sentir e a luz que se pousa nas laranxas...

Miro as laranxas e síntome mellor, pero logo miro as árbores que se ven desde a miñá ventana e volvo sentirme mal, porque se cadra, en pouco tempo, esas árbores xa non van estar ahí, e sinto una especie de opresión no peito, e dame por pensar, si saise un pouco o sol, estou segura de que nada de todo isto parecería tan terrible...

martes, 11 de febrero de 2014

Mais ratos

Onte estaba eu moi entretida e feliz nun recuncho coa agulla facendo ratiños cando o Meu.  preguntoume ao pasar  -E para qué fas todas esas ratas? Xa non me gustou nada que lles chamara ratas, porque vese ben que son ratiños feitiños e non ratas pelachas, pero non perdín a compostura e dixenlle que eran para a miña tenda etsy, para vender. Ah... e xa vendiches algunha ? A pregunta pareceume de moi mal gusto, porque cae de caixón que si fago os ratos para vender na miña tenda é que non os fago en realidade para vender, pero  el -estou segura- non entendeu a miña explicación. Ai... estas mentes racionais! canta explicación necesitan!

Eu mesma, ao ver a morea de ratos que teño xuntado, apilados todos xuntos na mesa, a cantidade de monos estivados que teño,  e todos os calcetíns atesorados a espera de facer novos monecos  din en cavilar... e non estarei toleando?  Despois tranquiliceime: si esta vai ser toda a miña tolería, tampouco parece perigosa...Pero ainda así , ando co run run na cabeza: .todo este afán por facer mais e mais monecos...qué sentido ten? Será sintoma de algo máis grave? 

Pero o caso é que, cando os fago, síntome ben: parecenme algo sinxelo, bonito, util, -é un xoguete, ou non?- lonxe das enrevesadas voltas e argumentos cos que as veces tes que lidiar no dia a dia. Gostame traballar coas mans. Gostame  pensar e facer os meus monecos e ademais, parecenme bonitos,  e gustame velos aí, todos xuntos en ringleira, e gustame facerlles fotos para subir a tenda...e a quén lle importa?  



 Ademais saironme dous axudantes de atrezzo que comparten a miña diversión ao preparar a escea para as fotos. Esta coa mazá foi idea de Val: 




E aquí temos un casteller fallido, tamén do V.


 Aquí as propostas de Migui 



Pois eso, o dito, cada tolo coa súa teima, e a miña xa está  na tenda etsy de cousas pequenas!
Se alguén quere botar unha ollada a tenda, na barra lateral hai un enlace.


viernes, 7 de febrero de 2014

Algunhas ilustracións con olas...

Estas son algunhas ilustracións que teño entre os meus favoritos de etsy:

Esta é unha obra de Amanda Blake, que se pode atopar na súa tenda thisisalliknow



Esta é unha ilustración de Kate Fensom, titulada A Dam Bursting, que tamén ten á venda na súa tenda Etsy



Por último esta otra ilustración é da artista Valeriane Leblond  e titulase (si non troco as letras)
'Yng ngwâl y lleuad', tamén podese atopar en etsy


lunes, 20 de enero de 2014

Este vai adicado os meus irmans





Estas fotos que atopei buscando outras  traenme a memoria todos os xogos e risas que botamos cando nenos os catro irmans.

Veña T. manifestate!  Pon un comentario con tres x e saberei que andas por aí... estreate coa tablet
A. veña, non refunfuñes,  e ponme unha marquiña, a ti tocanche dúas x.
L. ti es o pequeno,  tocache apandar con catro x, mais choio.

Veña non seades rancios, xogade conmigo!
M



viernes, 10 de enero de 2014

cousas novas en etsy

Non podo ver calcetíns nas tendas sen  maquinar que animal poden facer. Estas son as miñas ultimas adquisicións, convertidas nestes simpaticos ratiños.Vounos chamar Ratoncito Pérez. Veño de subilos a  etsy, e xa teño en mente outros  moderlos mais, que queda un bo cargamento de calcetíns en espera





martes, 7 de enero de 2014