Fixen moitos bosquexos e apuntes rápidos dos ceos cambiantes tra-la tormenta
O anoitecer na noite de san xoan
Tamén fixen un vestido para mín, cunhas teas moi bonitas que mercara hai tempo. O tal vestido non aguanta unha inspeccion ocular de perto...é dunha aficionada (mediocre) e nótase, Pero en fin...na media e longa distancia da o pego.
Precisamente, facendo o vestido decateime que son moi mala costureira, non teño paciencia, nin para medir, nin para cortar nin para os detalles... Corto a ollo e coso sen hilvanar, pero non porque non o necesite, senon porque son unha chapuzas, a pouco de empezar xa estou desexando acabar e vou coma un foguete.
Así que tomei a decisión de deixar o da costura e centrarme no que de verdade me importa e me gusta facer...Non sei por qué deixei de pintar cando empecei a carreira e non volvín nunca coller os pinceis...Levo xa dous anos intentando empezar de novo e non son quen de facelo, non sei por qué. Creo que é medo.
Quero que quede constancia no blog de que o dia de San Xoan empecei a pintar de novo!
Agora mesmo a casa cheira a trementina e augarrás ¡como me gusta!
Tanto tempo...tanto tempo...sen sentir esa sensación de absoluta concentración, de intensidade...e como si volvera a reencontrarme coa persona que fun unha vez...é como volver a casa!














