sábado, 12 de febrero de 2011

Aha! uso

Na revista Real Simple, que adoitaba leer, teñen unha sección coa que disfrutaba moito... Chamabase, na versión en papel, Aha! use e ía de formas diferentes de usar as cousas de sempre...

Aquí mostro o novo uso que propoño para as típicas carpetas dos proxectos. No meu traballo temos moitisimas, e dame mágoa ver como moitas delas, en perfecto estado, van diretas ao lixo, pola falta de espacio para almacenar mais do imprescindible de cada proxecto (recolleas unha  empresa de reciclaxe, eso sí). 

Eu teño moitas láminas, debuxos, postais, folletos... que vou gardando coa idea de enmarcar algún dia, ou simplemente que van rotando nas paredes do estudio...Ata agora tiñaos metidos en carpetas ou en caixóns ou onde cabían, porque hainos de varios tamaños...A maioría das veces non lograba atopar o que  buscaba porque os teño agochados aquí e alá...

Así que pareceume boa idea usar as carpetas para ter ordenadas, sin ter moi lonxe da miña vista, esas láminas das que falaba. Como as carpetas son tamaño A3 sirven para gardar papeis ata o tamaño A2. 

Eu claveinas diretamente na parede cos típicos clava-facil para colgar cadros, pero poderíanse pensar métodoas mais sofisticados. A idea pode desenvolverse mais e usar carpetas de distintos tamaños e grosores para moitos usos, desde tablón de anuncios, ata mesilla de noite.., pode  embelecerse un pouco. engadindo un forro de tela axeitado ou pegandolle un corcho para clavar notas ... en fin... mil posibilidades!

jueves, 10 de febrero de 2011

Onte fixemos...

As illas Gormiti que tiñamos pendentes...Boa parte do traballo xa estaba feito, faltaba pintalas un pouquiño. porlle a lava e esas cousas. Así quedaron
O mar de Gorm son archivadores de cartón de oficina...podense montar e desmontar...cando se acaba de xogar se cadra podense archivar dentro os Gormitis.

Aquí estamos no proceso, onte. Migui axudoume un pouquiño coa pintura, e moito dando instruccións.

martes, 8 de febrero de 2011

Carteliño para a porta

Unha idea facil para facerlle un detalle a un rapaz... ou a vinte, se cadra (moi axeitado para preadolescentes): un carteliño para colgar na porta como nos hoteis...

Imprimese sobre unha  cartulina e recortarse o burato e xa está...Aínda mellor que recortar o burato  é  facer uns cortes como as porcións dunha tarta e meter por aí o tirador da porta...así movese menos.

domingo, 6 de febrero de 2011

De burato negro a punto limpo (2)

Esta fin de semana non estivemos na casa...solciño, unhas cañas...ganas de estar cos amigos...

A miña campaña de orden mundial quedou un pouco relegada esta semana... mesmo así, algún paso foi dado...por exemplo empecei arranxar esta cómoda que vou converter no meu taller... As ferramentas e materiais que non collan nela...fora!

Uuui... que medo me dou!

O que teño pensado e lixala, pintala de novo e cambiarlle os tiradores... Para motivarme co do lixado que é o que peor levo comprei en Lidl unha  lixadora excéntrica (foi verlle o nome e pensar... está feita para mín...) A ver como vai a cousa...

A ver si esta semana son quen de rematar a renovación da famosa cómoda... 

Foi o primeiro moble que compramos o Pucho e mais eu cando deixamos de vivir como estudantes bohemios e pensamos carai... vamos ter un neno... haberá que comprar algo con caixóns para meterlle a roupa...

Xa choveu desde aquela...

Aproveitando que fun a Lidl trouxen tamén estes tulipans( é o malo que ten Lidl, vas por un exprimidor e  traes ademais un xogo de limas, un tarro de 5 kg de  pexegos, e unha pistola de silicona) 

Xunto cos bulbos do ano pasado xa fixen un xardinciño...se dan saído o meu balcon vai parecer Holanda...

jueves, 3 de febrero de 2011

my darling Valentine

 
Ós meus fillos non lles mola nada o rosa, nin hello kitty, nin os corazóns...O outro dia ,mentres axudaba a vestir ó pequeno dinlle a Valentín  uns calcetíns e devolveumos como si foran unha pataca quente... Estes non mamá, por favor, non hai outros que non poña LOVE?...Os calcetíns eran azul marino cunha pequena liña verde, moi discretos ... pero tiñan a fatídica palabra...

O martes estabamos a recortar cousas con papel de cores e ao ver os folios vermellos e rosas deume por facer unhas tiras de papel de corazónciños... os blogues polos que pululo habitualmente están que ferven coas Valentines...será por iso...

Nin pensei en que me ían axudar pero o papel picado e dobrado é a especialidade de Valentin e Miguel gustalle imitalo, así que non poideron resistir...Ao final fixemos uns buratos nos corazóns, pasamos un cordel e puxemolos na lampada...As pantallas brancas e sosas é o bo que teñen, admiten o que lles botes...





 Aquí está o xeito pouco ortodoxo de facer buratos coa perforadora do meu fillo, axudandose co pé:

Miguel non fixo corazóns...debuxou uns Gormittis e os recortou ...

miércoles, 2 de febrero de 2011

ganas de primavera...



Onte comprei estas flores...Non teño paciencia para esperar que medren os bulbos de narciso do ano pasado, que atopei envoltos en periodicos....

domingo, 30 de enero de 2011

De burato negro a punto limpo (1)

Novos retos semanais!
Boto en falta o meu RETO dos sábados, cando ía  ao Rastro de RETO e mercaba algunha cousa que despois arranxaba (ou simplemente limpaba) pola semana...O sábado seguinte mostraba a cousa arranxada colocada no seu sitio e o novo RETO semanal...Ai! ...canto disfrutaba eu con aquelo....

O RETO dos sábados morreu por falta de espacio material para almacear tanta cousa... A miña aficion ao bricolaxe e ao DIY fai que garde todo tipo de  cousas... por si... , nunca se sabe..., e así teño cortizos a palas, cds por miles, teas nin te conto, pero tamén lampadas fundidas de todos os tamaños, armazóns para facer pantallas, paus e pedras de todo tipo, ramas variadas (sempre quixen facer un colgador cunha pola dunha  árbore, teño a rama, pero ainda non fixen o colgador)... Ferramentas,...teñoas de todo tipo...faltame o banco de carpinteiro, eso sí...(unha cella levantada dun que eu sei paroume os pés a tempo...)

O que non teño é orden...Nunca atopo nada e consumo cada vez mais espacio...o resto da familia xa mo bota en cara...din que son coma unha plaga.O caso é que teño varios puntos negros onde acumulo tantas cousas misturadas que logo nunca atopo nada...Unha poucas ferramentas están aquí e outras alá, os botes de pintura o mesmo...Papeis, lienzos e cartóns de aqui para alá...Máquina de coser por un lado e teas por todos....Por non falar de cintas, botóns, velcros, cordas, arames, recheos, fíos, las, e ropa vella para feltrear, para facer coxíns, para alterar ... unha locura de cousas acumuladas, todas a espera de facer aquela idea que tivera unha vez...

Así non se pode... Renuncio xa de antemano a lograr o ambente zen que tanto gosto de ver nas casas dos outros...pero  un pouquiño de orden e organización, xa é unha necesidade...

Para motivarme na miña cruzada pola orden e a organización nas miñas cousas, e coa idea de facer sitio para disfrutar da miña afición ós rastros e darlle novo xeito ás cousas  vellas...inicio esta nova serie de RETOS semanais, "de burato negro a punto limpo". Cada semana vou atacar un destes puntos negros onde metese todo e nada recuperase para convertelo nun punto limpo, organizado e luminoso., que ao final do día fagame suspirar satisfeita...
Os buratos negros que teño identificados, sen seguir unha orde especial, son:

-O lavadoiro
-O aseo pequeno da entrada
-Os armarios do pasillo
-O estudio enteiro, (que comparto con Pucho e cos nenos, non toda a culpa e miña)
-A esquina da sala onde está o moble dos caixonciños e a miña caixa de costura chea de útiles para debuxar e onde monto a máquina de coser porque teño mellor luz pola tarde (eu xa sei cal digo) 

Nestes cinco sitios teño esparramadas as miñas cousas de facer cousas.

O primeiro reto foi doble: Valeirar de trastos o aseo pequeno e organizar todo no lavadoiro. Feito!

E este e o ANTES:Así estaba antes o aseo pequeno, que quedou valeiro (mais ou menos, as botas seguen alí )

Todo esto é o que había dentro do armario e das caixas que había alí...Por certo atopei os bulbos de narcisos que envolvín en papel de periodico nunhas latas o ano pasado ... xa me olvidara, tamén os plantei. Sosa caustica... ¿para qué? de cando quixera facer xabrón?... fertilizante de plantas, testos e tratamento para mobres de madeira de xardín... pero se non teño xardín!... en fin...
Así estaba o lavadoiro...
Non poño mais fotos porque danme repelús..todo apilado no chan , de calquera xeito...


 E este é o DESPOIS:

Así quedou organizada a cousa no lavadoiro:
A esquerda a columna diríamos sucia: as patacas, (consumimos moitas...vos non? ) , os testos, pedras  e  terra para as plantas, e as cousas para botar ó lixo separadas: botellas, envases, periodicos vellos ,aceites usados.., pilas usadas, lámpada fundidas... (alá van todas... que mágoa...)

No medio o armario pechado para gardar os produtos de limpeza, tamén pinturas, barnices...a sosa caustica famosa etc...

A dereita a columna limpa (básicamente a roupa pendente de prancha, a prancha propiamente dita, o papel hixiénico, rolos de papel de cociña...)

Tamén aproveitei as lamas de ventilación para facer o colgador das basoiras e a fregona...
E ao outro lado a tabra da prancha, colgada- por fin- dun gancho, coa funda bonita que lle fixera
Ata o próximo reto!

jueves, 27 de enero de 2011

cousas que estou seguindo en ebay

Hai moito tempo (para os meus estandares) que non vou por RETO ou calquera tenda de segunda man,   así que teño mono, moito mono...Cando non podo mais, doume unha volta por etsy ou ebay e vou poñendo na miña lista de favoritos as cousas que me gustan...Hoxe empateime con libros para nenos con bonitas ilustracións...A verdade e que sempre quixen facer un libro ilustrado para nenos...Se alguén me dixera e ti ...que queres ser de maior? Eu diría: ilustradora de contos para nenos...
Claro que tamén diría outras moitas cousas..
Aquí van algunhas imaxes de algúns dos libros que vi hoxe en ebay.


Clásicos ...

























dramáticos e épicos


 


 
Casiñas nevadas...






estranos persoeiros






nenos do mundo...



animais de todo tipo...









e mais insectos...