Fixo un dia estupendo, soleado, menos mal, xusto ao día seguinte caeu unha boa treboada. Aquí está a horta de Tin
martes, 25 de octubre de 2011
A festa de Gael
Fixo un dia estupendo, soleado, menos mal, xusto ao día seguinte caeu unha boa treboada. Aquí está a horta de Tin
lunes, 24 de octubre de 2011
viernes, 21 de octubre de 2011
Gael xa fai un ano!
Parece que foi onte cando chegaba a este mundo o noso querido Gael e xa vai facer este domingo un ano!
Este moneco fixeno onte para el...esperemos que lle guste...Teño que retocar o patrón para facerlle algún axuste...Vou poñerme agora con outro modelo, a ver que tal...Cando os teña perfeccionados se cadra os poño na tenda...Gael vai ser o meu probador de prototipos!
Estes son os ingredentes, mais o patrón que fixen mirando un libro de dinosaurios, pero que ainda teño que perfeccionar un pouco
martes, 18 de octubre de 2011
Receita de 15 minutos (todo incluído)
A min os éxitos culinarios veñenme cando menos os espero...Aquí vai esta receita para facer as carreiras coa que me fixeron a ola esta tarde. Son palmeiriñas pequenas cubertas con chocolate... Perfectas na súa imperfección.
Receita:
Comprar un rolo de masa de hojaldre xa feita
Dobralo como se ve na foto as metades cara o centro e repetir ata que non dobre mais
Cortar o roliño obtido en lonchas
Abrir un pouco facendo unhas V para darlle a forma.
Aquí convén non perder a fé. Deses gurruños aplastados sairán, mais ou menos as palmeiriñas.
Pintar con ovo batido e espolvorear con azucre e meter no forno, no mesmo papel que trae a masa.
Mentres está no forno fundir chocolate para postres no microondas cun pouco de leite
Cando estean douradiñas sacanse do forno, botaselles o chocolate por riba e si se pode, deixanse enfriar.
lunes, 17 de octubre de 2011
domingo, 16 de octubre de 2011
Xa tiña oído falar do Pinterest pero ata agora non me decidira a probar...Hai tantas cousas na rede...facebook, twitter, flickr..se te deixas ir acabas por tolear...Eu ao facebook non lle acabo de coller o punto...aturullame a cánsame...pero ao de Pinterest estou enganchada...Levo un par de horas cravando chinchetas virtuais no meu taboleiro ...Vou parar que xa teño os ollos a cair...
O que queira botar unha ollada os meus taboleiros de fotos, ainda medio valeiros teño o enlace aí ao lado, na barra lateral.
miércoles, 12 de octubre de 2011
Follas pintadas
Boa idea para facer cos nenos non? Todas estas imaxes estan collidas do blog The art room plant, unha boa fonte de inspiración
lunes, 10 de octubre de 2011
Os luns: Apunte do natural
Esta que pasou foi unha semana de cambios e axustes nas nosas rutinas...novo horario no traballo, menos horas para as miñas cousas...mais cousas que facer na casa...
Xa casi non tiña luz natural cando puden coller o caderno, pero empeñeime en facer o meu apunte rápido dos luns coma sempre...que non se diga que afurriquei!
lunes, 3 de octubre de 2011
MOO
Xa teño na casa as minitarxetiñas que encarguei en Moo. Lástima que non chegaran a tempo para enviar co meu primeiro pedido da tenda...Teño tamen unhas pegatinas redondas como a imaxe da tenda que está na barra lateral. Estas cousas a min perdenme...
Por certo, dinlle unha pequena volta ao escaparate da tenda. Volvo poñer algun dos carteis que tiña antes e tamén engadín o cartel que enviara para o concurso do Congreso sobre a lactancia.
O apunte do natural deste luns, vai ter que ser mañá, hoxe non fun quen de acougar nunha cadeira ata agora mesmo, e xa non tiña luz natural... nin forzas
Post-post
Logo de publicar este post, recibín un correo de MOO no que explican que os seus clientes teñen un enlace especial e personalizado, que sei que si o pos, e alguén coñece e usa Moo a través dese enlace fanlle no seu primeiro pedido o 10% de desconto, e ao que o pon, tamén lle fan descontos, así que aí vai o meu enlace personalizado a MOO, se picas aquí e fas algún pedido, tes un aforro e eu otro.
domingo, 2 de octubre de 2011
A miña primeira tea!
Recibín unha proba daquela tea que desenara en xullo e que mandei a Spoonflower...Fíxome moita ilusión, é a primeira vez que vexo algo desenado por mín fabricado de verdade (que non sexa, claro, feito con cartóns de ovos, envases de plástico ou demais elementos collidos camiño do lixo).
Chegou nese paquetiño tan molón. E pouca cosa, xa o sei, o que no mundo das teas en yardas chaman o fat quarter, de quilting cotton, o sexa, para o traductor de google "un cuarto de grasa de algodón acolchado"
Falei algunha vez do divertido que é ler cousas en outros idiomas co traductor de google?
Un día lin, traducido dunha páxina en sueco, algo así como... "Aquí está, a miña mesa de merda de galiña conxeada"
¿Verdade que iso non pode estar ben traducido?
sábado, 1 de octubre de 2011
martes, 27 de septiembre de 2011
domingo, 25 de septiembre de 2011
Cartel
Onte fallouse o concurso de carteis para o próximo congreso sobre Lactancia materna que organiza Fedalma. Este foi o cartel que mandei eu. Ainda que non gañei, estou moi contenta, porque o xurado considerou que o meu cartel, xunto co de outra participante, merecía unha mención especial pola súa calidade.
Acabo de lelo na súa páxina web, e estou moi emocionada...dame ánimos para seguir traballando e aprendendo, voume dormir cun sorriso na boca!
miércoles, 21 de septiembre de 2011
Estou a ver si boto a andar a máquina de coser vella que teño na casa, porque o pedal da outra rompeu xa definitivamente. Non sei se haberá recambios.
A cousa é mais ben entendela, e ver como se pon o fío, onde raios está a canilla e esas cousas, que funcionar sei que funciona. Aquí teño ó técnico botando unha man... Como ten mais paciencia ca mín foi quen de conseguilo, e ademais baixoume un manual da Singer modelo 15 de internet. De momento, no manual, non atopei a explicación de para que sirven todos eses artiluxios tan raros...se cadra é porque está en inglés.
E esta é unha foto que poño de parte do meu fillo Valentín, que quedou moi contento de como lle quedaba a súa marca feita coa sombra dun clip.
martes, 20 de septiembre de 2011
tartaruga
Esta tartarugiña fixena o outro dia para a neta de María, Isabella, que naceu a semana pasada...O patron é do libro Bend the rules Sewing, de Amy Karol, que teño na casa hai tempo, e co que collin o puntiño de darlle a máquina de coser, porque ten moitas cousas que un principiante pode facer..
Esta é a parte de abaixo. Penso que a tea da cabeza quedaría mellor ao revés, coa parte que quedou abaixo cara arriba.
E estes son os patróns. A parte que fai a cuncha cortase sobre a tea dobrada. Da forma das patas, cortanse 8 pezas, da parte de arriba da cabeza dúas. Da parte de abaixo da cabeza 1. Da barriga, dúas, que coses ao final porque é por onde recheas.
Aquí están as pezas xa cortadas:
lunes, 19 de septiembre de 2011
Os luns: Apunte do natural
Tiña o apunte a medio facer cando nos chamaron dicindo que o neno maior caira no entrenamento e que estaba no hospital. Afortunadamente nada grave, pero si molesto, un par de osos rotos e o brazo inmovilizado...Á noite rematei a lápiz un pouco os figos que deixei a medio pintar cando saín pitando.
Mañá pola maña sae para o correo a miña primeira venda da tenda!
Estou moi emocionada.
jueves, 15 de septiembre de 2011
Cambio de escaparate
Como xa comentei, na miña tenda -que abrín o pasado dia 5 de setembro- non podo ter mais de 5 cousas á vista, porque ten un escaparatiño virtual moi pequerrechiño, (lembrame unha mercería que hai aquí) así que teño pensado darlle unha volta cada 10 dias mais ou menos ... Pinto de novo color e poño outras cousas distintas... Ao retirar as cousas que tiña antes borrei as estatísticas das visitas anteriores, das que estaba moi fachendosa, pero, en fin, empezar de cero cada vez tamén ten o seu aquel.
![]() |
| aberto |
miércoles, 14 de septiembre de 2011
Os músicos de Bremen
Ultimamente collinlle o tranquillo ao dos concursos, e teño sempre un na cola de producción..Cando teño un momentiño penso un pouco (ainda que mais ben penso coa man, facendo garabatos); cando teño outro pouquiño de tempo, debuxo un pouco e, entre lusco e fusco doulle un pouco ao ordenador, e así pouco a pouco, vou facendo...
Hai uns dias vin un concurso para desenar unha camiseta para Animei beat, co tema da defensa dos animais...e lembrei un garabato que fixera nunha reunión, pensando no conto aquel dos músicos de Bremen...Un pouco con esa idea, e axustando o garabato orixinal co photoshop saíu isto.
A min, gostame moito e paseino ben facendoo, misión cumplida, ...se logo gaña ou non, iso xa non é asunto meu...
lunes, 12 de septiembre de 2011
Os luns: Apunte do natural
O outro dia fun visitar a horta urbana que ten o meu amigo Rogelio en Belvís. Que ben se estaba e que paz!...Deume un montón de cousas. O apunte do natural deste luns foi dos seus tomates (os últimos) que son de tres tipos distintos e tamén dalgún pemento.
Esto é todo o que me deu, e porque non podía carrexar con mais...
Na miña cociña estes dias predominan o amarelo e o bermellón, cando lle cae o sol da tarde as froitas e as verduras brilan como xoias.Eu sospeito que iso non lles fai ningún ben, pero o que é alegria, optimismo e cor si que dan.
Esto é todo o que me deu, e porque non podía carrexar con mais...
Na miña cociña estes dias predominan o amarelo e o bermellón, cando lle cae o sol da tarde as froitas e as verduras brilan como xoias.Eu sospeito que iso non lles fai ningún ben, pero o que é alegria, optimismo e cor si que dan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










