Os meus páxaros, cun toquiño na imaxe. Eu xamais tocara unha foto, esta é a primeira... quero dicir, tal e como saía da miña máquina plantabala onde fora. Hai un mes fun a un curso de photoshop, creo que xa comentei...o curso era moi básico, pero dabao un fotografo profesional....Falounos do axuste da luz, etc...Eu de fotografía non sei nada, é certo, pero parecíame que andar tocando nas fotos era un pouquiño de trampa, non sei...Cando lle preguntei polo tema suspirou un pouco, co cansancio do que non ten gañas de falar cun lego dun tema que lle interesa...e díxome: O tratamento da foto e coma o seu revelado...O que non está na foto non se pode sacar...
Logo descubrí (grazas a unha cousa que se chama exif ou algo así, que te da a información da foto) que, efectivamente, todas as fotos que vía en flickr que me gustaban estaban alteradas dalgún xeito...
Xa decía eu que non podía haber mais luz en Suecia ou Finlandia que aquí, por moito que pinten o chan de branco!
3 comentarios:
Hola; tu tocaya de "My little things" me llevó aquí:
http://www.atelierjackierueda.com.
¿Te animas?
o efeito que conseguiste com o "retoque" não é mau. Dá um ar filosófico à tua colecção :-)
Mas eu continuo a achar as fotos instantaneas as mais bonitas, aquelas que captam a magia do momento tal qual, a luz sombria ou a imagem desfocada tambem ...
Non sei Vera... unha cousa é captar o momento tal cual, instantaneo, sen adulterar e outra distinta é o proceso de revelar a imaxe, de ver o que captaches nese instante, a revelación é tamén parte da fotografia...en calquera caso, eu tampouco son moito de andar a facer alardes
María, apunteime!, a ver como resulta...Tamén inscribinme no sketchbookproject...un pouco tarde xa sei, remata o prazo para entregar os cadernos cos debuxos en xaneiro e ainda non o recibín!
Publicar un comentario